luns, 22 de xuño de 2026

FIN DE CURSO

O fin de curso deixounos momentos inesquecibles cheos de música, sorrisos e emocións. Compartimos convosco algunhas imaxes da despedida do alumnado de 6º de Educación Infantil, que o vindeiro curso comezará Primaria, e do alumnado de 6º de Educación Primaria, que emprende unha nova etapa fóra do cole.

Moita sorte nesta nova aventura!

 

PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ

luns, 15 de xuño de 2026

PDI 6º: A ARTE CONTEMPORÁNEA EN ESPAÑA

XIANA E SABELA
LEO CALO E FRAN
JADE E LUCÍA
IZAN E LEO P. G.
ENARA E SARA
CARMEN E DIEGO
AVA
ALDARA E CRIS

venres, 12 de xuño de 2026

SAÍDA SAN ROQUE (EI4, EI6 e 1º EP)

O alumnado de EI4, EI5 e 1º de EP realizou unha visita ao parque de San Roque, onde puido coñecer de preto o bosque comestible que se está a desenvolver neste espazo. Durante o percorrido, contamos coa colaboración de Manolo que nos explicou as diferentes especies que medran alí, os seus usos e a importancia de coidar e respectar a natureza.

PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ

xoves, 11 de xuño de 2026

AVENTURA DAKART (4º, 5º E 6º)

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha emocionante excursión a Aventura Dakart, en Sanxenxo. Ao longo da xornada gozaron de numerosas actividades de aventura, xogos ao aire libre e momentos de convivencia cos seus compañeiros e compañeiras.

 
PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ

venres, 5 de xuño de 2026

PDI: ARTE

Este ano, o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) está dedicado á arte. Ao longo do curso, os distintos niveis investigaron, aprenderon e desenvolveron actividades relacionadas con este apaixonante tema. A continuación, podedes ver unha mostra dos traballos realizados polos diferentes cursos.

xoves, 4 de xuño de 2026

SAÍDA CASTROS DE NEIXÓN (3º, 4º e 5º EP)

O alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria realizou unha visita aos Castros de Neixón, un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes da nosa contorna.

Ao longo da xornada, os nenos e nenas descubriron como vivían os antigos habitantes destes poboados castrexos, coñecendo aspectos da súa vida cotiá, as súas vivendas, costumes e formas de organización.
PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ

9ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO (REMATAMOS)


martes, 2 de xuño de 2026

SAÍDA CLÚSTER AGUIÑO E LONXA (EI5 e 2º EP)

O alumnado de EI5 e de 2º de Educación Primaria realizou unha interesante saída didáctica ao Clúster de Acuicultura de Aguiño e á Lonxa de Ribeira.

Durante a visita, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer de preto o importante labor que se desenvolve no sector do mar, descubrindo como se crían diferentes especies mariñas e como funciona o proceso de comercialización do peixe e do marisco.
PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ

venres, 29 de maio de 2026

EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria botou a voar a súa imaxinación e creatividade para elaborar diferentes instrumentos musicais empregando material de refugallo. A través desta actividade, ademais de coñecer mellor o mundo da música, tomaron conciencia da importancia de reutilizar materiais e darlles unha segunda vida.

luns, 18 de maio de 2026

OS MONIFATES NA CELEBRACIÓN DO MAIO

Na celebración do Maio contamos coa visita de Os Monifates, que viñeron ao noso centro para poñer música, alegría e moito ambiente a esta festa tan especial. 
O alumnado gozou moito da súa actuación, participando activamente e compartindo momentos cheos de diversión. A súa música e animación contribuíron a facer desta celebración unha xornada inesquecible.
Queremos agradecer a Os Monifates a súa visita e o magnífico espectáculo que nos ofreceron.





mércores, 29 de abril de 2026

VISITA DE ÓSCAR REBOIRAS

Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso centro a visita de Óscar Reboiras, quen compartiu co alumnado de 3º e 4º unha interesante charla arredor do seu libro “Cando o mundo é azul”.

Moitas grazas a Óscar Reboiras pola súa visita e por compartir connosco o seu traballo!




venres, 24 de abril de 2026

VISITA DE RAQUEL CASTRO

Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso centro a visita da escritora Raquel Castro, que veu compartir con nós o seu libro “Sobremesas sobre versos”. Foi un encontro moi especial no que o alumnado do 3º ciclo puido achegarse á lectura dun xeito diferente, coñecendo de primeira man á autora e descubrindo os segredos que hai detrás das súas historias.

Queremos agradecerlle a súa visita e o tempo compartido con nós, que sen dúbida deixou unha pegada moi doce, como as propias “Sobremesas sobre versos”.



xoves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO: O ARCÓN DE NOA

 No Día do Libro, o alumnado de educación infantil asistiu ao Auditorio de Ribeira para desfrutar do espectáculo de danza e fantasía "O Arcón de Noa".

Unha xornada chea de ilusión, música e imaxinación que fixo voar a creatividade dos máis pequeno.

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR

Neste Día do Libro, o alumnado de 4º, 5º e 6º apadriñou aos nenos e nenas máis pequenos, léndolles un conto no patio do cole. Foi unha actividade moi especial na que compartiron lecturas, ilusión e moitos sorrisos. Estivo xenial!

PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DÍA DO LIBRO

Co gallo da celebración do Día do Libro, alumnado do noso centro quixo compartir co resto da comunidade educativa unha serie de recomendacións lectoras.

A través destas propostas, descubrimos historias cheas de aventuras, emocións e aprendizaxes que invitan a seguir desfrutando da lectura. Animámosvos a tomar nota destas suxestións e a mergullarvos no marabilloso mundo dos libros.

DÍA DO LIBRO: V CONCURSO MARCAPÁXINAS CONCELLO DE RIBEIRA

3ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO


luns, 13 de abril de 2026

ASAMBLEA DE TRONCOS

Dende a semana pasada contamos no patio de primaria cunha “asamblea de troncos”, un novo espazo pensado para o encontro, o diálogo e o xogo compartido. Trátase dun lugar especial no que o alumnado pode reunirse, conversar, escoitar e expresarse nun ambiente máis natural e acolledor.

Agardamos que este recuncho se converta nun punto de encontro vivo, no que xurdan ideas, historias e momentos para lembrar. Confiamos en que todo o alumnado poida gozar desta nova proposta e facela súa no día a día.

 

PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ 

venres, 10 de abril de 2026

OBRADOIRO DE MÚSICA E DANZA (INFANTIL)

Hoxe tivemos o pracer de contar coa visita de Mercedes Prieto, quen ofreceu un fermoso obradoiro de música e danza para o alumnado de Educación Infantil.

A través do xogo, o ritmo e o movemento, as nenas e nenos puideron gozar dunha experiencia moi enriquecedora, estimulando a súa expresión corporal, a coordinación e a creatividade. Foi unha xornada chea de alegría, aprendizaxe e participación activa.

Agradecemos a súa visita e a dedicación con que compartiu o seu saber co noso alumnado. Agardamos poder repetir esta experiencia no futuro.

 

PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ 

mércores, 8 de abril de 2026

mércores, 18 de marzo de 2026

OBRADOIRO 3D CON AMBAR

O alumnado de 6º de Primaria participou recentemente nun interesante obradoiro de impresión 3D da man de AMBAR. Durante a actividade, tiveron a oportunidade de achegarse ao mundo da tecnoloxía e da creación dixital, aprendendo de maneira práctica e divertida.

Unha vez máis, queremos agradecer a AMBAR a súa disposición e colaboración co noso centro, facendo posible este tipo de experiencias tan enriquecedoras para o alumnado.

luns, 16 de marzo de 2026

CONCERTO AUDITORIO DE GALICIA

O alumnado de 3º, 5º e 6º de primaria viviu unha experiencia inesquecible coa súa visita ao Auditorio de Santiago, onde asistiu ao concerto da Real Filharmónica de Galicia titulado Animalia.

Durante a actuación, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de mergullarse no mundo da música clásica dun xeito ameno e didáctico. A través das diferentes pezas interpretadas, puideron descubrir como a música é capaz de representar animais, sons da natureza e emocións, espertando así a súa imaxinación e curiosidade.


Para ver as fotos PREME AQUÍ

luns, 9 de marzo de 2026

8M: DÍA DA MULLER

O alumnado de Olveira celebra o 8M escribindo palabras en cintas lilas para todas as mulleres. Cada cinta que colgamos na figueira é un símbolo de liberdade e recoñecemento.

 

PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ

luns, 2 de marzo de 2026

OBRADOIRO CON AMBAR: ENCADERNACIÓN

 O alumnado de 3º e 4º participou este luns 2 de marzo nun obradoiro de encadernación ofrecido por AMBAR. Moitas grazas!

Para ver as fotos PREME AQUÍ

luns, 9 de febreiro de 2026

OBRADOIRO AMBAR: ESTAMPACIÓN DE TEAS

Hoxe luns 19 de febreiro, a Asociación Ambar realizou un obradoiro de estampación de teas co alumnado de Infantil e 1º de Primaria. Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora que nos gustou moito. Moitas grazas pola visita!

luns, 2 de febreiro de 2026

PROXECTO SOLIDARIO: ABRIGO E ACUBILLO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria participa no proxecto solidario "Abrigo e Acubillo", colaborando coa Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharahui.

Comezaremos cunha breve charla introductoria ao obradoiro, e, a continuación, realizaremos unha colcha que será posta á venda pola asociación, co fin de recadar fondos para a causa.

martes, 20 de xaneiro de 2026

ACTIVIDADES DÍA DA PAZ

Con motivo da celebración do Día Escolar da Paz e Non Violencia, desde os diferentes cursos do estamos a realizar diversas actividades para reflexionar sobre a importancia da paz e a convivencia.

Por exemplo os alumnos de 5º realizaron noticias sobre paz e conflictos, comentando en grupo ideas sobre convivencia e respecto. Crearon palabras tipo graffiti con termos como "paz", "amizade" ou "solidariedade". Finalmente inspiráronse na pomba da paz de Banksy para descubrir como a arte urbana pode transmitir mensaxes sociais.

Desde o noso centro seguimos traballando para que os valores de paz, respecto e solidariedade sexan parte do noso día a día!