Biblioteca do CEIP de Olveira
Educación Física
xoves, 16 de abril de 2026
luns, 13 de abril de 2026
ASAMBLEA DE TRONCOS
Dende a semana pasada contamos no patio de primaria cunha “asamblea de troncos”, un novo espazo pensado para o encontro, o diálogo e o xogo compartido. Trátase dun lugar especial no que o alumnado pode reunirse, conversar, escoitar e expresarse nun ambiente máis natural e acolledor.
Agardamos que este recuncho se converta nun punto de encontro vivo, no que xurdan ideas, historias e momentos para lembrar. Confiamos en que todo o alumnado poida gozar desta nova proposta e facela súa no día a día.
PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ
venres, 10 de abril de 2026
OBRADOIRO DE MÚSICA E DANZA (INFANTIL)
Hoxe tivemos o pracer de contar coa visita de Mercedes Prieto, quen ofreceu un fermoso obradoiro de música e danza para o alumnado de Educación Infantil.
A través do xogo, o ritmo e o movemento, as nenas e nenos puideron gozar dunha experiencia moi enriquecedora, estimulando a súa expresión corporal, a coordinación e a creatividade. Foi unha xornada chea de alegría, aprendizaxe e participación activa.
Agradecemos a súa visita e a dedicación con que compartiu o seu saber co noso alumnado. Agardamos poder repetir esta experiencia no futuro.
PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ
xoves, 9 de abril de 2026
mércores, 8 de abril de 2026
mércores, 18 de marzo de 2026
OBRADOIRO 3D CON AMBAR
O alumnado de 6º de Primaria participou recentemente nun interesante obradoiro de impresión 3D da man de AMBAR. Durante a actividade, tiveron a oportunidade de achegarse ao mundo da tecnoloxía e da creación dixital, aprendendo de maneira práctica e divertida.
Unha vez máis, queremos agradecer a AMBAR a súa disposición e colaboración co noso centro, facendo posible este tipo de experiencias tan enriquecedoras para o alumnado.
luns, 16 de marzo de 2026
CONCERTO AUDITORIO DE GALICIA
O alumnado de 3º, 5º e 6º de primaria viviu unha experiencia inesquecible coa súa visita ao Auditorio de Santiago, onde asistiu ao concerto da Real Filharmónica de Galicia titulado “Animalia”.
Durante a actuación, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de mergullarse no mundo da música clásica dun xeito ameno e didáctico. A través das diferentes pezas interpretadas, puideron descubrir como a música é capaz de representar animais, sons da natureza e emocións, espertando así a súa imaxinación e curiosidade.
Para ver as fotos PREME AQUÍ





