mércores, 25 de febreiro de 2015

Ola rapaces e rapazas!
Vai dar comezo o BIBLIOCONCURSO!
“INVENTOS E DESCUBRIMENTOS”
Arrancamos o vindeiro luns 2 de marzo.


BASES DO CONCURSO:

-Pode participar quen queira, non é obrigatorio.

-Trátase dun Concurso de búsqueda de información.

-Hai que buscar QUEN foi o inventor/a ou descubridor/a de…

-Quen queira participar ten que vir á biblioteca a buscar unha cartilla que terá que ir cubrindo de semana a semana.

-Cada luns colgarase unha foto ou ilustración no panel que hai no corredor.

-Haberá unha semana para buscar quen foi o inventor/a ou descubridor/a e levarase á bibliotecaria antes de que finalice o recreo do luns seguinte. Esta daralle unha pegatina a quen entregue a resposta axeitada. Téndose que pegar na cartilla ata conseguir todas as pegatinas de todos os inventos/descubrimentos.

-Ó rematar o biblioconcurso quen entregue a cartilla con todas as pegatinas levará un premio.


-O Biblio-Concurso dará comezo a primeira semana de marzo.

                              LECTURÍN






luns, 9 de febreiro de 2015

Ola familia! Son Lecturín, a mascota da Biblioteca.
Queremos informarvos que se vai abrir un Recanto Especial de Lectura no corredor, que vai conter libros do voso interesse. Podendo facer uso dela para consultar fondos ou tamén en préstamo. Para levalos tedes que ter un carnet da biblioteca e levarllo á bibliotecaria para rexistrar o empréstito e a devolución.
Adxúntase ao final da folla un pequeno formulario para cubrir o/a ou os/as reponsables dos nenos e nenas que queiran ter o carnet da biblioteca. Daránllelos aos nenos e estes pasaranllo aos seus titores. Nuns días entregaráselle o carnet aos nenos para que volo den.
O horario da biblioteca é de luns, mércores e xoves de 16.30 a 18.30; e martes de 16.30 a 17.30.
Queremos tamén recordarvos que podedes ver no blogue da biblioteca actividades que imos facendo ó longo do curso (biblioceipdeolveira.blogspot.com) así como na web do colexio (ceipdeolveira).
Espero que gocemos de todas as actividades que iremos facendo e non deixedes de visitarnos e ver as nosas exposicións.
                              LECTURÍN







Nome e apelidos:_______________________________________________________

Familiar de:___________________________Curso:___________________________