venres, 28 de abril de 2023

APADRIÑAMENTO LECTOR

Para clausurar a semana do libro nada mellor que retomar o apadriñamento lector, no que o alumnado de 4º, 5º e 6º apadriñaron os máis pequenos léndolles un conto e pasando un anaco xuntos.

Podedes ver as fotos premendo aquí.

PRÓXIMO CONTACONTOS FAMILIAS


 

martes, 25 de abril de 2023

VISITA DE ANXO MOURE

Os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria pasárono moi con Anxo Moure, contador de historias.

Moitas grazas por facernos pasar un anaco tan divertido. Ata a próxima!

PARA VER MÁIS FOTOS PREME AQUÍ

venres, 21 de abril de 2023

CONTACONTOS DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro (23 abril) cun contiño en inglés que nos enviou a nosa auxiliar de conversa Tonya Seiler

mércores, 19 de abril de 2023

MUSEO RIBEIRA: TRAXES TRADICIONAIS

O alumnado de 4º e 5º de primaria foi o Museo de Ribeira a un contacontos sobre a historia dos traxes tradicionais galegos. Alí vestiron a 2 alumnos e 1 mestre, ensinándonos cancións referidas a estas pezas.



7ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO


venres, 14 de abril de 2023

ÁLEX VIDAL NO CEIP DE OLVEIRA

Moitas gracias Álex por compartir con nós as túas experiencias. O alumnado de 4º, 5º e 6º tivo a sorte de estar co parataekwondista Álex Vidal.

Para ver máis fotos PREME AQUÍ.

CONTACONTOS: TÍTERES CACHIRULO

O alumnado de 1º, 2º e 3º visitou o Auditorio de Ribeira para gozar dunha sesión de contacontos a cargo de "Títeres Cachirulo". Pasárono moi ben!


 

 

mércores, 12 de abril de 2023

VISITA DE ÁLEX VIDAL

Este venres, 14 de abril visítanos Álex Vidal, parataekwondista ribeirense. Falaralles aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria sobre o deporte que practica e o que tivo que loitar para estar no máis alto. 


 

6ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO


martes, 11 de abril de 2023

OBRADOIRO RADIOMUSICAL

Pedro Iglesias, especializado na comunicación gráfica, sonora e social ofreceunos un obradoiro aos nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Primaria na que puideron experimentar coa produción de música contemporánea dun xeito lúdico, interactivo e colaborativo; dándolles a posibilidade de experimentar con diferentes aparellos sonoros e instrumentos musicais

Moitas grazas Pedro!!