venres, 20 de maio de 2022

VISITA DA SOPRANO BEATRIZ VÁZQUEZ

Hoxe visitounos Beatriz Vázquez, soprano, acompañándoa José Manuel González ao piano. Unha voz que deixou mudo ao público, os nenos e nenas quedaron abraiados vendo e escoitando este tipo de voz.


 

xoves, 12 de maio de 2022

CHARLA FOTOPROTECCIÓN

O alumnado de 1º e 4º de Primaria asistimos a unha charla sobre a importancia de protexernos dos raios solares. Moitas grazas a farmacia Malecón por ofrecernos esta magnífica charla para sensibilizarnos sobre a necesidade da fotoprotección.


 


VIDEOCONTO: WASHING LINE

Esta semana volve contarnos un conto Tonya Seiler (auxiliar de conversa). A ver se se atreve un día a contárnolo en galego, pero polo de agora xa sabedes. Adiante Tonya:


martes, 10 de maio de 2022

OBRADOIRO: CHARO PITA

Hoxe o alumnado de 4º e 5º de primaria tiveron unha sorpresa, Charo Pita venlles a dar un obradoiro da "Xeografía máxica", onde nos ensinou diferentes lendas, con diferentes puntos xeográficos de Europa.

Moitas gracias Charo, esperamos verte de novo polo noso cole!!



xoves, 5 de maio de 2022

MAIO CULTURAL

O 2 e o 3 de maio estivemos elaborando O MAIO para a súa celebración o mércores 4. Este día cantámoslle ó Maio á vez que os de 6º de Primaria o levantaban.

 
VÍDEO CANCIÓN MAIO

 

VÍDEO CELEBRACIÓN DO MAIO

martes, 3 de maio de 2022

CONTACONTOS CELTIA FIGUEIRAS

Hoxe vén Celtia Figueira a animarnos un pouco á lectura. Pasámolo moi ben. Moitas grazas ao Consorcio Editorial por ofrecernos estos grandes momentos!