mércores, 24 de abril de 2024

VÍDEO DÍA DO LIBRO

CERTAME MARCAPÁXINAS DÍA DO LIBRO

Noraboa a Enara (4º de primaria), por ser a gañadora do Certame de Marcapáxinas das Letras Galegas.

O alumnado de 3º e 4º de primaria participou no Certame do Día do Libro, organizado pola biblioteca municipal de Ribeira. Todos os marcapáxinas están expostos na Biblioteca Municipal.


Recollida do premio

 

Alumnado de 3º e 4º na exposición "A expresión da cor" no Museo Lustres Rivas en Ribeira.




7ª PREGUNTA DO BIBLIOCONCURSO


martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

Despois de recoller o Premio do Certame do Día do libro na Biblioteca Municipal, fixemos unha visita ao Museo de Lustres Rivas e logo a merendar ao Dolmen de Axeitos!!
E aínda non rematou o día...

Ademais fixemos un intercambio de marcapáxinas polo Día do Libro co alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe Ponte dos Brozos de Arteixo. Escribimos frases motivadoras para animar a lectura,...
 


luns, 8 de abril de 2024

COIDAMOS A NOSA SAÚDE

Con motivo do Día Mundial da Saúde o alumnado de 4º traballou sobre a saúde facendo un cartel cunhas recomendacións para manter unha boa saúde.

xoves, 4 de abril de 2024

AMICOS VOLVE AO COLE!

Hoxe visitáronnos outra vez AMICOS. Moitas gracias por facer estas actividades con nós, @s rapaces/as pasárono moi ben!!


 


VISITA XORNALISTA DA VOZ DE GALICIA

 Co Programa Prensa Escola  da Voz de Galicia visitounos un xornalista que traballa neste programa para explicarlles ao alumnado de 5º e 6º de Primaria como é o seu traballo e como se confecciona un xornal, entre outras cousas.

Os nenos/as tiveron que elaborar noticias a partir dunha idea ou título proposto polo xornalista. 

Gracias a Jorge por todo o que nos ensinou!



mércores, 20 de marzo de 2024

15 DE MARZO: DÍA DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

Para celebrar esta data nada mellor que facer un obradoiro con persoal de AMICOS, que con varias actividades traballouse os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible "Produción e Consumo Responsable" e "Redución das Desigualdades".

Moitas gracias AMICOS, pasámolo xenial!

Vémonos a volta de Semana Santa, xa que estarán con outros grupos do cole.

Para ver máis fotos PREMER AQUÍ
 


3ª PREGUNTA DO BIBLIOCONCURSO


 

xoves, 7 de marzo de 2024

8 M: DÍA DA MULLER TRABALLADORA (CONTACONTOS E EXPOSICIÓN DE LIBROS

Hoxe ven unha contacontos extraordinaria, "Manuela" que engaiolou a todo o cole, dende infantil ata 6º de primaria, falando de heroes e heroínas e reflexionando sobres os roles de xénero e centrándose nos pequenos e grandes actos heroicos de moitas nenas e mulleres.

Moitas grazas "Manuela"

Para ver máis fotos premer aquí

Visitade a nosa exposición de libros "Coñecemos as mulleres" que está no corredor do cole. Podedes levar para a casa.
Estará todo o mes de marzo!

 


Aquí tedes unha mostra dos libros que atoparedes



venres, 23 de febreiro de 2024

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Alumnado de E.I.5 indagou sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, pioneira da literatura galega e da poesía española.


O alumnado de 3º de Ed. Primaria fixo un traballo tomando como base un vídeo cedido pola xente de TIK TAK DRAW con ilustracións feitas en vivo e ben xeitosas.

Quixemos poñer as nosas voces á vida e obra de Rosalía de Castro como unha homenaxe máis á súa figura e á súa obra. 

Moitas grazas por deixarnos colaborar con vós!!

sábado, 10 de febreiro de 2024

venres, 19 de xaneiro de 2024

CONTACONTOS DÍA DA PAZ

Con motivo da conmemoración do "Día Escolar da Paz e Non Violencia", estas semanas temos varias sesións de contacontos por parte do alumnado de 5º de Primaria.




xoves, 18 de xaneiro de 2024

EXPOSICIÓN LIBROS DÍA DA PAZ

Non vos esquecer de pasar pola Biblio e coller algúns destos libros que están expostos no corredor!

Xa sabedes que antes de levalos tedes que rexistralos!