venres, 23 de decembro de 2022

VÍDEOS NADAL

EDUCACIÓN INFANTIL

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

xoves, 22 de decembro de 2022

BO NADAL!

Dende o CEIP de Olveira desexarlles un bo Nadal e un próspero 2023. Vémonos o 9 de xaneiro


 

luns, 19 de decembro de 2022

VISITOUNOS A RONDALLA DE AGUIÑO

Moitas grazas á Rondalla de Aguiño por vir ao noso cole a darnos paso ó Nadal con unhas fermosas panxoliñas.

Moitas grazas!

 

venres, 16 de decembro de 2022

CORREOS RECOLLE AS NOSAS POSTAIS

Vaise aproximando o Nadal e unha vez máis contamos coa colaboración de Correos, que pasou polo centro a recoller unhas postais realizadas polo alumnado, para que cheguen ao seu destino.



martes, 13 de decembro de 2022

MERCADILLO SOLIDARIO

Moitas gracias a todos por colaborar neste gran mercadillo. Quedamos moi contentos, tanto o centro como a Cruz Vermella de Ribeira, da gran cantidade de alimento recibido. Unha vez máis, moitas gracias!!


 

venres, 25 de novembro de 2022

CONTACONTOS 25 DE NOVEMBRO

Xurxo e Germán contáronlle un contiño aos nenos e nenas de 1º de primaria sobre os dereitos da Infancia.



 

luns, 21 de novembro de 2022

VISITA DE RAQUEL QUEIZÁS

Este luns 21 de novembro visitounos  a actriz, titiritera, filóloga e sobre todo contadora de historias Raquel Queizás.



 


venres, 11 de novembro de 2022

MAGOSTO 2022

O pasado xoves, 10 de novembro, celebramos o magosto con diferentes xogos tradicionais. O alumnado do Ceip de Olveira, coa colaboración do alumnado de 6º de educación primaria pasou unha divertida xornada. Ao finalizar aproveitouse para facer entrega dos premios do certame literario e das cabazas de Samaín.




 

Podedes atopar máis fotos na galería da web do colexio. Preme aquí para ir directamente.

venres, 4 de novembro de 2022

CONTACONTOS 4 DE NOVEMBRO

Este venres Sira e Johanna de 6º de E.P. pasaron pola nosa biblioteca a contar un conto aos nen@s de 3º de E.P.


 


sábado, 29 de outubro de 2022

VÍDEOS SAMAÍN

CERTAME SAMAÍN 

Aquí vos deixamos as portadas do certame de Samaín deste ano. Quen gañará?

CONCURSO DE CABAZAS!

Xa están aquí as cabazas de Samaín! Cada vez é máis difícil elixir os gañadores. Podédelo comprobar vós mesmos. Proximamente saíran publicados na web @s gañador@s.


venres, 28 de outubro de 2022

CONTACONTOS FAMILIAS: MAMÁ ÓSCAR E MARCOS

A mamá de Óscar e Marcos ven está semana contarlles un conto ao alumnado de 1º e 5º de primaria. Grazas pola túa visita!


mércores, 26 de outubro de 2022

CONTACONTOS FAMILIAS (SAMAÍN)

Para a apertura da biblioteca unha mamá e un papá viñeron a contarnos un contiño de ....TERROR!!!


 

CONTACONTOS NOA

Aquí temos a primeira contacontos-alumnado. É Noa, de 6º de Ed. Primaria. Vailles contar un contiño aos nenos e nenas de 5º de Infantil.
Moitas gracias Noa!



martes, 25 de outubro de 2022

CONTACONTOS CHARO PITA

Este mércores temos a gran noticia de que vai vir a contarnos un contiño Charo pita. Gracias, unha vez máis, por vir visitarnos.

Parte do alumnado do CEIP de Olveira tivo a oportunidade de escoitar con atención a Charo Pita

 



xoves, 16 de xuño de 2022

XOGO PDI EUROPA: A QUIZ ABOUT EUROPA

O alumnado de 5º e 6º de Primaria elaborou un xogo con preguntas sobre Europa onde tiñan que buscar información para recadar as respostas.



mércores, 15 de xuño de 2022

PDI 6º PRIMARIA: GOING TO ANTARCTICA

O alumnado de 6º de Primaria, na área de inglés, estiveron investigando sobre a Antártida. Elaboraron un mural que podedes ver no corredor do 1º andar.

 



martes, 14 de xuño de 2022

PDI 3º e 4º: EUROPEAN ARTIST

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria foron artistas durante unhas semanas. Aquí tedes algunhas mostras!



mércores, 8 de xuño de 2022

PDI 4º: PAÍSES DE EUROPA

O alumnado de 4° de primaria estiveron viaxando por algúns países europeos, aquí nos mostran algúns dos seus traballos.

 

CONTACONTOS FAMILIAS

Os avós de Roi e Xosé viñeron a contarnos un contiño aos nenos e nenas de 1° e 2° de Primaria. Moitas grazas!!


 

martes, 7 de xuño de 2022

PDI 3º: LENDAS DE EUROPA

O alumnado de 3° de Primaria tivo un obradoiro con Charo Pita onde estiveron traballando con algunhas lendas; a partires de aí eles mesmos se puxeron a investigar e recopilaron unhas cantas, aquí nolas mostran!!

mércores, 1 de xuño de 2022

venres, 20 de maio de 2022

VISITA DA SOPRANO BEATRIZ VÁZQUEZ

Hoxe visitounos Beatriz Vázquez, soprano, acompañándoa José Manuel González ao piano. Unha voz que deixou mudo ao público, os nenos e nenas quedaron abraiados vendo e escoitando este tipo de voz.


 

xoves, 12 de maio de 2022

CHARLA FOTOPROTECCIÓN

O alumnado de 1º e 4º de Primaria asistimos a unha charla sobre a importancia de protexernos dos raios solares. Moitas grazas a farmacia Malecón por ofrecernos esta magnífica charla para sensibilizarnos sobre a necesidade da fotoprotección.


 


VIDEOCONTO: WASHING LINE

Esta semana volve contarnos un conto Tonya Seiler (auxiliar de conversa). A ver se se atreve un día a contárnolo en galego, pero polo de agora xa sabedes. Adiante Tonya:


martes, 10 de maio de 2022

OBRADOIRO: CHARO PITA

Hoxe o alumnado de 4º e 5º de primaria tiveron unha sorpresa, Charo Pita venlles a dar un obradoiro da "Xeografía máxica", onde nos ensinou diferentes lendas, con diferentes puntos xeográficos de Europa.

Moitas gracias Charo, esperamos verte de novo polo noso cole!!



xoves, 5 de maio de 2022

MAIO CULTURAL

O 2 e o 3 de maio estivemos elaborando O MAIO para a súa celebración o mércores 4. Este día cantámoslle ó Maio á vez que os de 6º de Primaria o levantaban.

 
VÍDEO CANCIÓN MAIO

 

VÍDEO CELEBRACIÓN DO MAIO

martes, 3 de maio de 2022

CONTACONTOS CELTIA FIGUEIRAS

Hoxe vén Celtia Figueira a animarnos un pouco á lectura. Pasámolo moi ben. Moitas grazas ao Consorcio Editorial por ofrecernos estos grandes momentos!


 

xoves, 28 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO

 VISITA DE PERE TOBARUELA

Esta semana do libro, conmemorámola con varias visitas:

Mércores 27 de abril: Pere Tobaruela


Onte visitounos un gran escritor, Pere Tobaruela. O alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiuno con gran ilusión. Autor de máis de 50 obras, entre as que se atopa a colección "Formig4s". Graciñas Pere!

VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

Xoves 28 de abril: Érica Esmorís

Os nenos e nenas de 4º de Primaria leron con moita ilusión "Patio de luces", un libro que lles gustou moito e que vos recomendan a tod@s. Moitas grazas Érica!

 

 CONTACONTOS FAMILIAR: VANESA


Vanesa, a mamá de Benjamín vennos contar uns contiños. Pasámolo moi ben. MOITAS GRAZAS!

mércores, 30 de marzo de 2022

martes, 15 de marzo de 2022

VIDEOCONTO: YARED E A ESCOLA

Johanna de 5º tráenos esta semana o conto "Yared e a escola". A Yared non lle gusta a escola, cre que é un sitio aburrido e non entende por que ten que ir todos os días. A través desta historia, Yared conseguirá ver a escola cun enfoque positivo, coma un lugar no que cada día poden pasar cousas distintas e no que se poden aprender moreas de cousas.

martes, 8 de marzo de 2022

xoves, 3 de marzo de 2022

MAGO RAFA

 


O venres 25 de febreiro tivemos a actuación do Mago Rafa, que realizou 4 pases para goce do alumnado do Ceip de Olveira. Aínda agora non sabemos como realizou moitos deses magníficos trucos.

INFANTIL

 

1º E 2º DE PRIMARIA

 
3º E 4º DE PRIMARIA 
 

5º E 6º DE PRIMARIA