mércores, 3 de outubro de 2018

Cóntame un contiño

Ola familia! Son Lecturín, a mascota da Biblioteca do Ceip de Olveira! Un ano máis quero darvos a benvida ao meu recuncho e animarvos a que me veñades visitar. Como xa sabedes a biblioteca estará aberta polas tardes: os luns, mércores e xoves de 16.30 a 18.30; e martes de 16.30 a 17.30 para que veñades a ler, consultar fondos e préstamo exterior. Podedes vir calquer membro da familia! Temos o “Recanto Especial de Lecturas”, que é un lugar para os maiores da familia, onde podedes ler ou coller libros que poden ser do voso interese; está no corredor da entrada. “CÓNTAME UN CONTIÑO”: si queredes lerlles un conto a unha ou varias aulas, anotádevos ó final desta folla e que @ vos@ fill@ llo entregue á titora. Podédesllo ler calquer membro da familia (pai, nai, avó, avoa, padriño, tía,...). En principio será a primeira hora da mañá (entre as 10 e as 11) dos venres; si por algún motivo nesa hora ou día non podedes, cambiaríase. Esperámosvos! Ah! non vos olvidedes de mirar de vez en cando no noso blogue, saen todas as actividades que facemos no cole, sobre todo as que saen da biblioteca: biblioceipdeolveira.blogspot.com.es Seguiremos estando en contacto.

LECTURÍN