mércores, 8 de marzo de 2023

2ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO


 

8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano adicámoslle o Día da Muller Traballadora a varias músicas galegas. Cada aula recibirá o nome dunha destas artistas. 

Premendo na fotografía teredes información de cada unha.

xoves, 2 de marzo de 2023

CONCERTO SANTIAGO (2º, 3º e 4º)

Hoxe o alumnado de 2º, 3º e 4º foi ata o auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela para asistir o concerto "Mini Mozart", interpretado pola Real Filharmonía de Galicia. Despois do concerto tocou repor forzas. Estivo xenial!!!



 

mércores, 1 de marzo de 2023

1ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO

Hoxe, mércores 1 de marzo, comezamos coa 1ª pregunta. Logo, colgarase cada mércores tanto no blogue da biblioteca como no expositor que está no corredor do cole. Animádevos a participar, aprenderedes moito sobre a música!


 

luns, 20 de febreiro de 2023

VIDEOS ENTROIDO

Este ano co Proxecto Documental Integrado:  "A Música no mundo" as clases do centro elixiron disfrazarse dos diferentes estilos musicais e incluso dalgún "musical" que de seguro coñecedes, aquí están para que poidades gozar deles!

INFANTIL

 

1º PRIMARIA

 

2º PRIMARIA

 

3º PRIMARIA

 

4º PRIMARIA

 

5º PRIMARIA

 

6º PRIMARIA

ENTROIDO 2023


venres, 17 de febreiro de 2023

ENTROIDO: COLLENDO FORZAS

Degustando un dulce típico de Entroido antes de pasar a acción coas actuacións que nos tiñan preparadas os diferentes cursos,😋



martes, 14 de febreiro de 2023

CONTACONTOS NEREA

Nerea contoulles un contiño aos nenos e nenas de 6ª de INFANTIL "Árbores no Camiño"



 

DÍA DO AMOR E AMIZADE

Pedro, de 3° de Primaria, gañou o premio do Concurso "Día de San Valentín", organizado pola floristería Elena, de Artes. Parabéns Pedro!!


 

XOGANDO NO PATIO

Os nenos e nenas de Infantil gozan un montón con estes días de sol.


 

MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis comezamos coas mochilas viaxeiras, cunha escolma de títulos para gozar coa lectura en familia. 


 


martes, 7 de febreiro de 2023

TEATRO: LA CAJA DE MÚSICA

As nenas e nenos de 6º este curso animánomos a representar esta obra "La caja de música" despois de ler o libro na aula.

A experiencia foi divertida e queremos compartir con tod@s o resultado.

Esperamos que vos guste!

luns, 6 de febreiro de 2023

23 FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

Este ano con motivo do día de Rosalía recitaremos algunhas poesías na nosa radio. De seguro que vai quedar moi ben.


venres, 3 de febreiro de 2023

CONTACONTOS: SARA, YAIZA E CARLA

"Ser amigos", bonito conto que lles tocou hoxe aos nenos de EI4, narrado por Sara, Yaiza e Carla de 5º de Primaria, donde animais de diferentes especies demostran a súa convivencia en harmonía.



luns, 30 de xaneiro de 2023

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Con motivo da conmemoración do día Escolar da Paz e non Violencia o CEIP de Olveira canta a súa nota pola PAZ.

Preparándonos para o Día da Paz


 


VISITA DO MÚSICO MIGUEL TEIRA

Miguel Teira veu a compartir con nós a súa paixón pola música e a  guitarra. Amosounos o que se pode conseguir con esforzo e traballo e recordounos que na vida como na música, a harmonía é fundamental.




sábado, 28 de xaneiro de 2023

CONTACONTOS LARA

Lara de 5º de primaria contoulles un contiño aos nenos de 1º. Trátase do conto "Wangari", famosa activista kenyana, Premio Nobel da Paz no ano 2004.


 


venres, 20 de xaneiro de 2023

CONTACONTOS: XOSÉ E DAVID

Xosé e David de 6º de primaria léronlle un contiño os nenos de 3 aniños. Moitas grazas!