mércores, 16 de decembro de 2015

RONDALLA DE AGUIÑO

Hoxe 16 de decembro visitounos a Rondalla de Aguiño. Fixeron un pequeno concerto no que nos cantaron algunhas panxoliñas e nos ensinaron diferentes instrumentos:a mandolina, a bandurria, o laud e a guitarra. Pasámolo moi ben.

venres, 11 de decembro de 2015

luns, 22 de xuño de 2015

martes, 2 de xuño de 2015

FAMILIAS CONTACONTOS

Algúns familiares pasaron pola biblioteca a contarnos historias ou algún contiño. Grazas por animarvos. -Avó de Xosé
-Nai de Alba Míguez
-Madriña de Alba Rey
-Madriña de Xosé
-Nai de Leo e David
-Nai de Pablo e Javier Aguiar
-Nai de Marcos e Carlota

mércores, 27 de maio de 2015

PDI: INVENTOS E DESCUBRIMENTOS

ESTE CURSO TRABALLAMOS SOBRE INVENTOS E DESCUBRIMENTOS.
-OS DE INFANTIL FIXERON O PROXECTO DE INVENTOS E DESCUBRIMENTOS NA PREHISTORIA. 
-OS DE 1º DE PRIMARIA PROXECTO DE INVENTOS E DESCUBRIMENTOS NA IDADE MEDIA.
-2º DE PRIMARIA: INVENTOS E DESCUBRIMENTOS DOS TRANSPORTES
-3º E 4º DE PRIMARIA: INVENTOS E DESCUBRIMENTOS A ESCRITURA Ó LONGO DO TEMPO.
-5º DE PRIMARIA: INVENTOS E DESCUBRIMENTOS A PENICILINA.
-6º DE PRIMARIA: GRANDES INVENTORES E DESCUBRIDORES DA HISTORIA.
-ADEMAIS NA ÁREA DE INGLES TAMÉN TRABALLARON CON PROXECTO REFERIDO AOS INVENTOS E DESCUBRIMENTOS.
-E OS DE 6º DE PRIMARIA EN MÚSICA FIXERON O PROXECTO SOBRE INSTRUMENTOS MUSICAIS.

xoves, 21 de maio de 2015

MAIO 2015

Un ano máis construímos o Maio con todas as flores, follas e herbas que trouxestes ao cole durante estes días. Gracias pola vosa colaboración.

venres, 15 de maio de 2015

DÍPTICO LETRAS GALEGAS

                                                                 PREME NA IMAXE

xoves, 14 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Fernando Filgueira Valverde, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015. Preme na imaxe para realizar as actividades.

INFANTIL



venres, 24 de abril de 2015

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO, VISITOUNOS ANXO MOURE Esta semana fixemos o apadriñamento/amadriñamento lector, onde os/as maiores do colexio leron distinto libros aos pequenos e pequenas en diversos espazos do colexio.

mércores, 25 de febreiro de 2015

Ola rapaces e rapazas!
Vai dar comezo o BIBLIOCONCURSO!
“INVENTOS E DESCUBRIMENTOS”
Arrancamos o vindeiro luns 2 de marzo.


BASES DO CONCURSO:

-Pode participar quen queira, non é obrigatorio.

-Trátase dun Concurso de búsqueda de información.

-Hai que buscar QUEN foi o inventor/a ou descubridor/a de…

-Quen queira participar ten que vir á biblioteca a buscar unha cartilla que terá que ir cubrindo de semana a semana.

-Cada luns colgarase unha foto ou ilustración no panel que hai no corredor.

-Haberá unha semana para buscar quen foi o inventor/a ou descubridor/a e levarase á bibliotecaria antes de que finalice o recreo do luns seguinte. Esta daralle unha pegatina a quen entregue a resposta axeitada. Téndose que pegar na cartilla ata conseguir todas as pegatinas de todos os inventos/descubrimentos.

-Ó rematar o biblioconcurso quen entregue a cartilla con todas as pegatinas levará un premio.


-O Biblio-Concurso dará comezo a primeira semana de marzo.

                              LECTURÍN






luns, 9 de febreiro de 2015

Ola familia! Son Lecturín, a mascota da Biblioteca.
Queremos informarvos que se vai abrir un Recanto Especial de Lectura no corredor, que vai conter libros do voso interesse. Podendo facer uso dela para consultar fondos ou tamén en préstamo. Para levalos tedes que ter un carnet da biblioteca e levarllo á bibliotecaria para rexistrar o empréstito e a devolución.
Adxúntase ao final da folla un pequeno formulario para cubrir o/a ou os/as reponsables dos nenos e nenas que queiran ter o carnet da biblioteca. Daránllelos aos nenos e estes pasaranllo aos seus titores. Nuns días entregaráselle o carnet aos nenos para que volo den.
O horario da biblioteca é de luns, mércores e xoves de 16.30 a 18.30; e martes de 16.30 a 17.30.
Queremos tamén recordarvos que podedes ver no blogue da biblioteca actividades que imos facendo ó longo do curso (biblioceipdeolveira.blogspot.com) así como na web do colexio (ceipdeolveira).
Espero que gocemos de todas as actividades que iremos facendo e non deixedes de visitarnos e ver as nosas exposicións.
                              LECTURÍN







Nome e apelidos:_______________________________________________________

Familiar de:___________________________Curso:___________________________