O alumnado de EI5 e de 2º de Educación Primaria realizou unha interesante saída didáctica ao Clúster de Acuicultura de Aguiño e á Lonxa de Ribeira.
Durante a visita, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer de preto o importante labor que se desenvolve no sector do mar, descubrindo como se crían diferentes especies mariñas e como funciona o proceso de comercialización do peixe e do marisco.