xoves, 28 de outubro de 2021

VISITA DO PROFESOR TUBIO

Hoxe visitounos o profesor Tubio, acompañado do "home de branco", que realizaron varios experimentos que nos "fliparon" a todos como ben di o profesor na súa conta de Twitter.


Podedes ver unha recopilación dunha promo da TVG dalgunhas cousiñas que fai este magnífico investigador. Proximamente intentaremos subir algún vídeo da súa demostración no noso cole. MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA E POR ACERCAR A CIENCIA AO CEIP DE OLVEIRA! 

 

mércores, 27 de outubro de 2021

LOGO DA RADIO!

Xa temos o logo da radio! Acordádevos que o curso pasado (nas Letras Galegas) organizamos un Certame para buscar o logo da Radio. Houbo varios finalistas. Pois ben, de entre eses finalistas quedou seleccionado o logo que vos ensinamos a continuación.



Sabedes de quen é? 

É dos nenos e nenas que agora mesmo están en 6º de Educación Infantil.

martes, 26 de outubro de 2021

VIDEOCONTO: OS BOLECHAS QUEREN SABER COMO É UNHA BIBLIOTECA

 Lois de 4º de Primaria, inaugura os videocontos deste curso. Que mellor inicio que os Bolechas explicándonos como é unha biblioteca. Adiante Lois!

luns, 18 de outubro de 2021

SAMAÍN 2021

Xa se acerca o SAMAÍN. Se vos animades a participar estade moi atentos a isto.