venres, 29 de decembro de 2023

POR UNA NADAL SEN PLÁSTICOS!

A ANPA organizou unha xornada de limpeza de praias "Por un Nadal sen plásticos". Posteriormente levouse a cabo un obradoiro para reutilizar e transformar o lixo atopado nas mesmas.

Gracias a ANPA de Olveira por organizar estas xornadas!!!



xoves, 21 de decembro de 2023

BO NADAL!

A comunidade educativa do Ceip de Olveira deséxalles un bo nadal e un feliz aninovo

Preme aquí para ver máis fotos
 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Aproveitando que chega o Nadal, que é un bo momento para agasallar cun libro de lectura, o alumnado de 6º de primaria tráenos estas recomendacións.

martes, 19 de decembro de 2023

Correos no Ceip de Olveira

Agradecer a Correos que pasou polo colexio a coller unhas felicitacións feitas con moito cariño polo alumnado. Ata a próxima.

 Para ver máis fotos PREME AQUÍ

luns, 18 de decembro de 2023

MERCADIÑO SOLIDARIO DE NADAL

Outro ano máis dende o Ceip de Olveira colaboramos coa Cruz Vermella de Ribeira cun Mercadiño Solidario de libros, no que se recadaron alimentos non perecedoiros. Grazas a tod@s pola vosa colaboración.



sábado, 2 de decembro de 2023

AUDITORIO DE SANTIAGO

O venres 1 de decembro o alumnado de 1º, 2º e 3º acudiu ao Auditorio de Santiago de Compostela a presenzar o concerto "Pulcinella e a máscara máxica".


 

venres, 1 de decembro de 2023