venres, 28 de febreiro de 2020

GRACIAS BIBLIOAXUDANTES!

Os BIBLIOAXUDANTES están facendo unha gran labor. Moitas gracias aos de 6° de Primaria que non pararon dende outubro ata febreiro. A mediados de febreiro chegaron entusiasmad@s e con moitas ganas de axudar @s de 5°, seguro q o facedes moi ben! Moitas gracias pola vosa axuda chic@s!

xoves, 27 de febreiro de 2020

CONTACONTOS ALUMNADO

Germán e Xurxo contáronme un conto aos nenos e nenas de 3 e 4 anos de Infantil. Fixéchedelo moi ben!👏👏

luns, 24 de febreiro de 2020

DE ENTROIDO!

Como sabedes nos últimos anos coa PDI estamos "Viaxando polo mundo". Este curso tócalle ao Norte de América.
Os nenos e nenas de 1° e 2° de Primaria están pasando unhas boas vacacións en Hawai, non paran de bailar!
Os de 3° están investigando esa cultura tan rica dos afroamericanos, ata lles están crecendo o pelo!
Gracias aos de 4° asistimos a un partido dos Lakers!
Os vaqueiros e os indios de 5° non paraban de disparar e lanzar frechas! 
E @s mexican@s de 6° plantáronlle cara a Donald Trump e conseguiron derrubar o muro!
Vaia día tivemos!
Non faltaron @s nenos e nenas de Infantil, que aínda non chegaron a América porque están explorando o marabilloso Parque Natural que temos aos pés do noso centro. Son uns grandes biólogos!

sábado, 22 de febreiro de 2020

CONTACONTOS CON LINGUAXE DE SIGNOS

Hoxe quedamos sorprendidos como os nenos e nenas de Infantil e 1° e 2° de Primaria  seguiron e entenderon unha historia contada en Linguaxe de Signos. Moitas gracias á Asociación AMBAR de Ribeira. Un saúdiño e esperámosvos moi pronto!

venres, 21 de febreiro de 2020

CONTACONTOS ALUMNADO

Izan, Alba e Nuria contáronlle un contiño aos nenos e nenas de 4 anos. Xa son uns profesionais!👏👏

xoves, 13 de febreiro de 2020

CONTACONTOS ALUMNADO

Michelle e Alba contáronlles un contiño aos nenos e nenas de 3 e 5 anos de Infantil. Graciñas!

martes, 11 de febreiro de 2020

CONTACONTOS PROFE ELOY

Veunos visitar o profe Eloy e contoulles un contiño aos nenos e nenas de Infantil. Moitas grazas!🤗

venres, 7 de febreiro de 2020

xoves, 6 de febreiro de 2020

CONTACONTOS ALUMNADO

Alba T e Alba M contáronlles un contiño co kamishibai @s nen@s de INFANTIL. Un saúdiño!

mércores, 5 de febreiro de 2020

Visítanos Raquel Queizás

Unha gran contacontos, Raquel Queizás, visítanos e cóntanos unhas historias sobre a igualdade no que todo o alumnado de Infantil, 1° e 2° de Primaria participaron con moito entusiasmo.
Moitas grazas Raquel!