mércores, 29 de abril de 2026

VISITA DE ÓSCAR REBOIRAS

Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso centro a visita de Óscar Reboiras, quen compartiu co alumnado de 3º e 4º unha interesante charla arredor do seu libro “Cando o mundo é azul”.

Moitas grazas a Óscar Reboiras pola súa visita e por compartir connosco o seu traballo!




venres, 24 de abril de 2026

VISITA DE RAQUEL CASTRO

Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso centro a visita da escritora Raquel Castro, que veu compartir con nós o seu libro “Sobremesas sobre versos”. Foi un encontro moi especial no que o alumnado do 3º ciclo puido achegarse á lectura dun xeito diferente, coñecendo de primeira man á autora e descubrindo os segredos que hai detrás das súas historias.

Queremos agradecerlle a súa visita e o tempo compartido con nós, que sen dúbida deixou unha pegada moi doce, como as propias “Sobremesas sobre versos”.



xoves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO: O ARCÓN DE NOA

 No Día do Libro, o alumnado de educación infantil asistiu ao Auditorio de Ribeira para desfrutar do espectáculo de danza e fantasía "O Arcón de Noa".

Unha xornada chea de ilusión, música e imaxinación que fixo voar a creatividade dos máis pequeno.

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR

Neste Día do Libro, o alumnado de 4º, 5º e 6º apadriñou aos nenos e nenas máis pequenos, léndolles un conto no patio do cole. Foi unha actividade moi especial na que compartiron lecturas, ilusión e moitos sorrisos. Estivo xenial!

PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DÍA DO LIBRO

Co gallo da celebración do Día do Libro, alumnado do noso centro quixo compartir co resto da comunidade educativa unha serie de recomendacións lectoras.

A través destas propostas, descubrimos historias cheas de aventuras, emocións e aprendizaxes que invitan a seguir desfrutando da lectura. Animámosvos a tomar nota destas suxestións e a mergullarvos no marabilloso mundo dos libros.

DÍA DO LIBRO: V CONCURSO MARCAPÁXINAS CONCELLO DE RIBEIRA

3ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO


luns, 13 de abril de 2026

ASAMBLEA DE TRONCOS

Dende a semana pasada contamos no patio de primaria cunha “asamblea de troncos”, un novo espazo pensado para o encontro, o diálogo e o xogo compartido. Trátase dun lugar especial no que o alumnado pode reunirse, conversar, escoitar e expresarse nun ambiente máis natural e acolledor.

Agardamos que este recuncho se converta nun punto de encontro vivo, no que xurdan ideas, historias e momentos para lembrar. Confiamos en que todo o alumnado poida gozar desta nova proposta e facela súa no día a día.

 

PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ 

venres, 10 de abril de 2026

OBRADOIRO DE MÚSICA E DANZA (INFANTIL)

Hoxe tivemos o pracer de contar coa visita de Mercedes Prieto, quen ofreceu un fermoso obradoiro de música e danza para o alumnado de Educación Infantil.

A través do xogo, o ritmo e o movemento, as nenas e nenos puideron gozar dunha experiencia moi enriquecedora, estimulando a súa expresión corporal, a coordinación e a creatividade. Foi unha xornada chea de alegría, aprendizaxe e participación activa.

Agradecemos a súa visita e a dedicación con que compartiu o seu saber co noso alumnado. Agardamos poder repetir esta experiencia no futuro.

 

PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ 

mércores, 8 de abril de 2026