luns, 30 de xaneiro de 2023

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Con motivo da conmemoración do día Escolar da Paz e non Violencia o CEIP de Olveira canta a súa nota pola PAZ.

Preparándonos para o Día da Paz


 


VISITA DO MÚSICO MIGUEL TEIRA

Miguel Teira veu a compartir con nós a súa paixón pola música e a  guitarra. Amosounos o que se pode conseguir con esforzo e traballo e recordounos que na vida como na música, a harmonía é fundamental.




sábado, 28 de xaneiro de 2023

CONTACONTOS LARA

Lara de 5º de primaria contoulles un contiño aos nenos de 1º. Trátase do conto "Wangari", famosa activista kenyana, Premio Nobel da Paz no ano 2004.


 


venres, 20 de xaneiro de 2023

CONTACONTOS: XOSÉ E DAVID

Xosé e David de 6º de primaria léronlle un contiño os nenos de 3 aniños. Moitas grazas!