domingo, 30 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022 (VÍDEO)

O venres 28 de xaneiro no CEIP de Olveira celebramos o Día da Paz bailando, como non, ao ritmo das Tanxugueiras!

"Non hai fronteiras", "No hi ha fronteres", "Ez dago mugarik", "Nun hai fronteres", "No hay fronteras".

venres, 28 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022

Entre todo o alumnado do CEIP de Olveira elaboramos este fantástico mural para conmemorar este día.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria investigaron aos nobeis da Paz do continente europeo. Fantástico traballo que uniremos ao dos outros continentes realizados noutros anos.

martes, 25 de xaneiro de 2022

VIDEOCONTO: RATO TOM E RATA TOMASA

Para rematar a semana Zoe e Ainara de 5º de Educación Primaria achégannos o conto: "Rato Tom e rata Tomasa"

martes, 18 de xaneiro de 2022

VIDEOCONTO: A TARTARUGA QUE QUERÍA DORMIR

Esta semana Noa de 5º de Educación Primaria tráenos o conto "A tartaruga que quería dormir". Unha historia para entender o momento de durmir como algo agradable e completar o ritual de ir para a cama, cun conto.