xoves, 28 de maio de 2020

VIDEOCONTO PAULA SANTAMARÍA

Unha semana máis temos a sorte de contar cunha gran contacontos. Paula Santamaría de 5º preséntanos o videoconto "A burra Ramona". 
 
 Moi ben Paula, moitas gracias!

mércores, 27 de maio de 2020

9ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO (ÚLTIMA) E CARTILLA

Ola amigos, hoxe coa 9ª pregunta chegamos ao final do biblioconcurso. Tedes aquí a cartilla para enviar as respostas. Non fai falta que enviedes as respostas na cartilla, podedes envialas tamén directamente numeradas nun correo ou escribilas nun papel e achegalo por correo. Esperamos as vosas respostas, seguro que o facedes moi ben. O correo para mandar as respostas é: bibliotecaceipdeolveira@gmail.com

xoves, 21 de maio de 2020

VIDEOCONTO SARA

Ola, aquí estamos coa ilusión de ver outro videoconto. Esta semana Sara de 2º animouse a mandarnos un videoconto titulado "Burbujas". Adiante Sara!


 Fixéchelo fenomenal Sara, moitas gracias!

venres, 15 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O domingo 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
A data desta celebración débese a que tal día como o 17 de maio de 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego.
Con esta celebración a Real Academia Galega quere homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria no idioma galego ou pola defensa de dita lingua. 

Este ano o homenaxeado é
RICARDO CARBALLO CALERO.
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/

Preme na imaxe e atoparás máis información e actividades.


OS BOLECHAS-CARVALHO CALERO

 

xoves, 14 de maio de 2020

VIDEOCONTO ALBA MÍGUEZ

Ola amig@s, estaba desexando que chegara o xoves para poder ensinarvos este bonito conto que hoxe nos trae Alba Míguez de 5º.


Moi ben Alba, moitas gracias por este CONTACONTOS.
Se queredes unirvos a estes contacontos só tedes que mandarnos un vídeo ao correo bibliotecaceipdeolveira@gmail.com

xoves, 7 de maio de 2020

VIDEOCONTO NEREA

Ola amig@s, esta semana Nerea de 2º animouse a facer un videoconto. Mirade que ben o fixo!

 Moitas gracias Nerea! Unha magnífica CONTACONTOS.