xoves, 28 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO

 VISITA DE PERE TOBARUELA

Esta semana do libro, conmemorámola con varias visitas:

Mércores 27 de abril: Pere Tobaruela


Onte visitounos un gran escritor, Pere Tobaruela. O alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiuno con gran ilusión. Autor de máis de 50 obras, entre as que se atopa a colección "Formig4s". Graciñas Pere!

VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

Xoves 28 de abril: Érica Esmorís

Os nenos e nenas de 4º de Primaria leron con moita ilusión "Patio de luces", un libro que lles gustou moito e que vos recomendan a tod@s. Moitas grazas Érica!

 

 CONTACONTOS FAMILIAR: VANESA


Vanesa, a mamá de Benjamín vennos contar uns contiños. Pasámolo moi ben. MOITAS GRAZAS!