domingo, 15 de marzo de 2020

CONTACONTOS ALUMNADO

Fátima, Laura e Ainara contáronme a historia de Frida Kahlo aos nenos e nenas de 5° de Infantil e 1° de Primaria. Homenaxe a esas mulleres traballadoras! Moitas gracias!

martes, 10 de marzo de 2020

CHARLA SOBRE A HIXIENE BUCAL

Hoxe, os de 3° e 4°, tivemos unha visita moi especial. Viñeron a darnos unha charla sobre a importancia dunha boa Hixiene Bucal. Gracias a "Asuntos Sociais de Ribeira" e á Hixienista dental do centro de saúde do noso concello.
Xa sabedes rapaces! A cepillarse ben os dentes tres veces ó día!


venres, 6 de marzo de 2020

BIBLIOAXUDANTES 2º QUENDA (FEBREIRO A XUÑO)


CHARLA: EMERXENXIAS SANITARIAS

Os nenos e nenas de 4° de Primaria recibiron unha charla de Emerxencias Sanitarias, nas que aprenderon a facer unha RCP, a manobra de Heimlich (persoas atrangantadas) ou a posición lateral de seguridade en casos de persoas inconscientes, ataques epilépticos e outros casos.
Gracias Francisco por todo o que nos ensinaches!

xoves, 5 de marzo de 2020

CONTACONTOS ALUMNADO

Alba contoulles un contiño a todos os nenos e nenas de Infantil "El conejo blanco". Moitas gracias!🤗

mércores, 4 de marzo de 2020

DE AQUÍ PARA ALÁ

Os nenos e nenas de Infantil fomos ao Auditorio de Galicia. Alí viaxamos por varios países dos diferentes continentes e aprendemos moitas cancións e instrumentos musicais grazas a Lidia Botana, co seu conto musicado "DE AQUÍ PARA ALÁ".
Moitas grazas por facernos pasar unha viaxe tan marabillosa!👏👏👏

martes, 3 de marzo de 2020

8 DE MARZO

Muller! Proponte algo, podes facelo!
Exposición de libros en conmemoración do día da muller traballadora.
Busca! Seguro que atopas un bo libro para ler!
👩‍🎓👩‍🏫👩‍⚖️👩‍🌾👩‍🍳👩‍🔧👩‍🏭👩‍💼👩‍🔬👩‍💻👩‍🎤👩‍🎨👩‍✈️👩‍🚀👩‍🚒