venres, 30 de abril de 2021

OBRADOIRO TAHUMIS

Os pais duns alumnos do cole fixéronnos unha pequena demostración das súas habilidades creando esculturas e pezas de decoración a partir de madeira e outros materiais da natureza.

Nesta ocasión fixeron un fogar tahumiño utilizando unha árbore seca localizada no noso patio. 

Alumnado e profesorado quedamos encantados vendo o proceso de elaboración e o traballo final da súa obra, da cal mostramos as seguintes imaxes.



xoves, 22 de abril de 2021

VIDEOCONTO: EL NIÑO QUE NO QUERÍA SER .....

 Johanna de 4º tráenos esta semana o conto: "El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa", para contrarestar estereotipos de xénero que en moitas ocasións condicionan a vida dos nenos e das nenas.

xoves, 15 de abril de 2021

mércores, 7 de abril de 2021

OBRADOIRO DE RADIO CON CHARO PITA

Moitas grazas Charo Pita por acompañarnos e ensinarnos ao alumnado de 4º esa grande faceta túa de expresión e comunicación. Seguro que nos será de gran axuda para futuras locucións na nosa radio Supercoleondas.





          





 

4 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Alumnado de 5º ensínannos boas posturas para coidar as nosas costas

5ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO