luns, 1 de abril de 2019

MES DO LIBRO

Lecturín mandounos unha carta para saber as actividades que imos facer durante este mes de abril, xa que é un mes especial para nós por ser o mes adicado ao libro. Coa carta temos unha ficha para recomendar libros que nos gustaron e que poden ser de interese para os nosos amig@s da biblioteca. Podedes pasar pola biblioteca para recoller estas fichas, cubrilas e pegalas no taboleiro de recomendacións, que estará no corredor.

PROGRAMA RADIO

Con motivo da presenza de María Canosa no noso colexio, os alumn@s de 5º e 6º gravaron un pequeno programa de radio. Bravo rapaces!

MARÍA CANOSA

Hai uns días visitounos a escritora María Canosa gañadora dun premio Merlín co seu libro Muriel. Os alumnos de 5º e 6º pasaron un momento de lecer coas historias que nos contou María sobre algúns dos seus libros que os nosos nen@s tiveron o pracer de ler.