mércores, 23 de febreiro de 2022

OS VOLCÁNS

O alumnado de educación infantil estivo investigando sobre os volcáns. Magnífico traballo!



VIDEOCONTO: PETRA

Este conto representa unha metáfora da cultura actual e unha alegoría dunha sociedade que pese a que proxecta modelos moi afastados da nosa realidade cotiá, todos tratamos de imitar en van. O conto propón unha visión optimista, e transmítenos a mensaxe de que na autenticidade radica a chave para lograrmos a satisfacción persoal, e que os demais nos aceptan tal como somos.

Contánnolo Xoel Martínez e David de 5º de Educación Primaria.

 

martes, 15 de febreiro de 2022

VIDEOCONTO: NON FAI FALTA A VOZ

O contacto físico como mostra de afecto é imprescindible para o desenvolvemento emocional dos pequenos: dálles seguridade, favorece a súa autoestima e mellora a confianza en si mesmos e tamén nos demais. Pedro de 5º de Educación Primaria cóntanos "Non fai falta a voz".

xoves, 10 de febreiro de 2022

VIDEOCONTO: PEDRA, PAU E PALLA

Germán e Xurxo de 5º de Primaria, tráennos o conto: "Pedra, pau e palla".

Texto de Ana Presunto, a partir dun conto clásico da tradición rusa.

Ilustracións de Josep Rodés

xoves, 3 de febreiro de 2022

VIDEOCONTO: RAINY DAY

 Para rematar a semana, Tonya Seiler (auxiliar de conversa) vainos contar este bonito conto "Rainy Day".

martes, 1 de febreiro de 2022