martes, 5 de novembro de 2013

SAMAÍN 2013

Celebramos o Samaín con numerosas actividades. Tivemos:
-Contacontos onde participaron nais/pais e alumn@s do centro
-Exposición de cabazas
-Exposición de libros de medo "Contos para valentes"
-Certame literario
-Obradoiro de cociña
¡Pasámolo de medo!

venres, 18 de outubro de 2013

INAUGARACIÓN DA BIBLIOTECA



CONTACONTOS


VENRES 25 DE OUTUBRO DE 2013

INACIO VILARIÑO



EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECA DO CEIP DE OLVEIRA

luns, 30 de setembro de 2013

CARTA LECTURÍN


        
Ola meus amiguiños:
Que tal vos vai no novo curso?
Como xa sabedes este venres 25 de outubro inauguramos a biblioteca e por iso vai vir un contacontos: “Inacio Vilariño”.
Ides atopar a biblioteca un pouco reformada, pero aí non remata, realizaremos cambios durante todo o curso, e para iso necesitamos a axuda de todos!
Acordádesvos do Proxecto Documental Integrado do ano pasado? Eran sobre os insectos, aprenderamos moitas cousas sobre eses marabillosos animais. Pois o Proxecto Documental Integrado (PDI) que imos realizar neste curso é sobre O MAR, como non! Por iso necesitamos que traiades obxectos relacionados con este tema para adornar toooodo o cole e así poder investigar e aprender de todo isto que temos tan cerca.
Espero que gocemos de todas as actividades que iremos facendo e que sexamos os mellores lectores e investigadores da nosa comarca!!!
Seguiremos estando en contacto.

LECTURÍN

xoves, 20 de xuño de 2013

O MAIO

O maio é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur. Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos, favorecendo a abundancia das colleitas e alonxando o mal.
A data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.
Os maios máis tradicionais e característicos, tiñan forma cónica ou piramidal, cunha estructura de varas e vimbios, recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, follas, laranxas, cascas de ovos,...
Era levado polos mozos, collido polas andas, que iban cantando coplas.
Nos pobos mariñeiros, sobre todo nas Rías Baixas, era costume poñer unha ramiña de xesta, o día 1 de maio, nas proas dos barcos, para alonxar as influencias maléficas todo o ano.
Hoxe en día póñense nos coches. Dende fai uns anos estamos recuperando esta tradición no CEIP de Olveira. Saúdos


martes, 14 de maio de 2013

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ACHEGÁMONOS Á NOSA LINGUA A TRAVÉS DA FIGURA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO




CANCIÓNS LETRAS GALEGAS 2013




CEIP DOS DICES ofrécenos este telexornal sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño




LIM DO SEMINARIO GALÁN PARA REALIZAR ACTIVIDADES SOBRE A VIDA E OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO POR CICLO

 Actividades sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño     paraEducación Infantil. Preme na imaxe superior
Actividades sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño para Educación Infantil. Preme na imaxe superior.

Actividades sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño para o 1º ciclo. Preme na imaxe superior
Actividades sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño para o 1º ciclo. Preme na imaxe superior

Actividades sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño para o 2º ciclo. Preme na imaxe superior

Actividades sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño para o2 º ciclo.  Preme na imaxe superior
 Actividades sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño para o 3º ciclo. Preme na imaxe superior
Actividades sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño para o 3º ciclo.  Preme na imaxe superior


MÁIS ACTIVIDADES

Actividade do Ceip García BarbónQue comece a función!!
BRINCALETRAS do espazo abalar sobre Roberto Vidal Bolaño, similar a un PASAPALABRA



venres, 10 de maio de 2013

APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE OS INSECTOS

Ola, xa sei que aprendéstedes moitas cousas sobre os insectos durante este proxecto. Para repasar e ver algunha cousas máis, só tes que premer na imaxe.
  PREME NA IMAXE

mércores, 3 de abril de 2013

NOVAS DE LECTURÍN


          



Ola amiguiños!
Neste mes de abril celebrámolo “Mes do Libro”, como sabedes van vir dous autores: Ramón Caride e Anxo Moure. Falarannos dos seus libros e a contarannos historias incribles. Xa sei que estades lendo algúns dos seus libros, seguro que vos gustan moito.
Ben, estamos en contacto, e... non olvidedes: “Un bo libro é sempre un bo amigo”.
Aburiño!!

    

                                   LECTURÍN

TRABALLANDO NO NOSO PROXECTO

luns, 11 de marzo de 2013

O NOSO PROXECTO


          

    Ola meus amiguiños!


Neste trimestre imos traballar cun proxecto en común, é o noso 1º Proxecto Documental Integrado (PDI). Como sabedes trata dos insectos, cada ciclo traballará sobre uns determinados. Tedes que investigar moito e documentarvos; para iso tedes na biblioteca moitos libros que vos poden axudar. Usade tamén as novas tecnoloxías que están á vosa disposición tanto nas aulas como na sala de ordenadores.
No terceiro trimestre, aló polo mes de abril, xa poderedes expoñer os vosos traballos e en maio faremos unha posta en común.
Seguro que disfrutaredes con esta actividade, e descubriredes moitas cousas impresionantes sobre estos pequenos bichiños.
Seguiremos estando en contacto.

                                   LECTURÍN

luns, 21 de xaneiro de 2013

DÍA DA PAZ


Somos la nueva semilla,
del futuro, de la vida.
Somos los niños que cantan
por la paz y la esperanza.
Somos la nueva semilla,
del futuro, de la vida.
Somos los niños que cantan
por la paz y la esperanza.
Dame la mano
vamos todos a soñar con la paz.
Dame la mano
vamos todos a soñar con la paz.
¡Paz, paz, paz,
paz, paz, paz, paz!
¡Paz, paz, paz,
paz, paz, paz, paz!


 A FORZA DUNHA APERTA