martes, 21 de decembro de 2021

NADAL 2021




O ALUMNADO DO CEIP DE OLVEIRA DESÉXAVOS A TODOS UN BO NADAL E FELIZ ANINOVO.


INFANTIL

1º E 2º DE PRIMARIA

3º E 4º DE PRIMARIA

5º E 6º DE PRIMARIA

mércores, 15 de decembro de 2021

VIDEOCONTO: OS BOLECHAS CELEBRAN O NADAL

Xa se acerca o Nadal e Marcos Caramés de 4º de Primaria traenos este conto tan apropiado para estas datas.


luns, 29 de novembro de 2021

20 NOVEMBRO: DÍA DA INFANCIA

Nesta semana os nenos e nenas do CEIP de Olveira pintaron o muro da entrada para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA


 

xoves, 25 de novembro de 2021

VIDEOCONTO: A ANDORIÑA VIAXEIRA

Para rematar cos videocontos dos Dereitos da Infacina, Raúl, Rubén e Martín de 4º de primaria cóntannos hoxe "A andoriña viaxeira".

25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O alumnado de 5º de primaria canta esta fermosa canción titulada "Matriarcas" da cantante Guadi Galego para conmemorar esta data.


mércores, 24 de novembro de 2021

luns, 22 de novembro de 2021

VIDEOCONTO: CHÁMOME ASETU

Seguimos esta semana con videocontos que teñen moito que ver co día dos Dereitos da Infancia. Nesta ocasión Hugo, Simón e David de 4º de primaria cóntannos "Chámome Asetu", adiante rapaces.

xoves, 18 de novembro de 2021

VIDEOCONTO: O NENO SEN NOME

Con motivo da conmemoración do 20 de novembro: Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas, Alexandre e Marcos Martínez de 4º de Primaria tráennos esta semana o videoconto "O neno sen nome".

mércores, 10 de novembro de 2021

VIDEOCONTOS: CORRE CORRE, CABACIÑA

 Esta semana Nerea e Yaiza de 4º tráennos o videoconto "Corre corre, cabaciña". Bo traballo!

 

venres, 5 de novembro de 2021

CERTAME LITERARIO SAMAÍN 2021

Aquí temos os gañadores de cada clase do CERTAME LITERARIO DE POESÍA SAMAÍN 2021. Outra vez foi unha difícil elección para o xurado. Bo traballo a todos os participantes!


CABAZAS GAÑADORAS

Despois dunha ampla deliberación do xurado resultaron gañadoras as seguintes cabazas:

Cabaza tradicional: Axel

Cabaza orixinal: Martín Figueroa

Cabaza elaborada: Víctor

Cabaza terrorífica: Roi

Cabaza divertida: Icía 

 



luns, 1 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021 (CONCURSO CABAZAS)

 Gran participación este ano no concurso de cabazas, cun nivel altísimo. O xurado vai telo moi complicado para elixir aos gañadores, todas son merecedoras de premio. Aquí podedes comprobalo vós mesmos.

xoves, 28 de outubro de 2021

VISITA DO PROFESOR TUBIO

Hoxe visitounos o profesor Tubio, acompañado do "home de branco", que realizaron varios experimentos que nos "fliparon" a todos como ben di o profesor na súa conta de Twitter.


Podedes ver unha recopilación dunha promo da TVG dalgunhas cousiñas que fai este magnífico investigador. Proximamente intentaremos subir algún vídeo da súa demostración no noso cole. MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA E POR ACERCAR A CIENCIA AO CEIP DE OLVEIRA! 

 

mércores, 27 de outubro de 2021

LOGO DA RADIO!

Xa temos o logo da radio! Acordádevos que o curso pasado (nas Letras Galegas) organizamos un Certame para buscar o logo da Radio. Houbo varios finalistas. Pois ben, de entre eses finalistas quedou seleccionado o logo que vos ensinamos a continuación.



Sabedes de quen é? 

É dos nenos e nenas que agora mesmo están en 6º de Educación Infantil.

martes, 26 de outubro de 2021

VIDEOCONTO: OS BOLECHAS QUEREN SABER COMO É UNHA BIBLIOTECA

 Lois de 4º de Primaria, inaugura os videocontos deste curso. Que mellor inicio que os Bolechas explicándonos como é unha biblioteca. Adiante Lois!

luns, 18 de outubro de 2021

SAMAÍN 2021

Xa se acerca o SAMAÍN. Se vos animades a participar estade moi atentos a isto. 

 

xoves, 17 de xuño de 2021

PDI 5º: PERSONAXES RELEVANTES DE AMÉRICA

O alumnado de 5º de Educación Primaria realizou presentacións sobre diferentes personaxes de relevancia do continente américano. Aquí van algunhas mostras do seu traballo.



 

xoves, 3 de xuño de 2021

PDI 4º: VIAXA CON NÓS!

Neste curso, os nenos e nenas de cuarto de primaria fixemos unha viaxe por varios países do continente americano. Pasámolo xenial aprendendo moitísimo sobre as diferentes culturas e costumes, a gastronomía, monumentos famosos, etc...

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos nosos traballos. Arrancamos!


martes, 25 de maio de 2021

PDI 2º: ANIMAIS DE AMÉRICA

Os nenos e nenas de 2º de primaria estivemos buscando información e traballando sobre animais de América. Comezamos o curso pasado cos de Norteamérica, rematando a principios deste curso. No segundo trimestre deste curso estivemos investigando sobre os animais do Amazonas. Aprendemos moito e deixámosvos esta pequena mostra da nosa investigación. Esperamos que vos guste tanto como a nós.


PDI 2ºB
PDI 2º

luns, 24 de maio de 2021

OUTRA VEZ CON CHARO PITA

Este venres 21 de maio tivemos outra vez a agradable visita de Charo Pita. Desta vez o obradoiro da radio foi para os de 5º de primaria. Gustoulles moito e pasárono moi ben. Moitas grazas Charo!!!

(Unha das fotos da montaxe recollémola de internet)



venres, 21 de maio de 2021

CERTAME LETRAS GALEGAS

Aquí temos os gañadores por aula do certame das Letras Galegas. Noraboa a tod@s os participantes.


 


xoves, 20 de maio de 2021

PDI 1º: BENVIDOS A NEW YORK

Nestes meses estivemos visitando este estado tan cosmopolita. Viaxando no noso particular taxi amarelo puidemos coñecer os diferentes distritos cos seus lugares e monumentos máis emblemáticos. 

Esperamos que disfrutedes desta viaxe. 



luns, 17 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

Con motivo do día das Letras Galegas o alumnado de 6º interpretou o himno galego. Moi chulo rapazas e rapaces!!!


MURAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS


venres, 14 de maio de 2021

xoves, 13 de maio de 2021

COMEZAMOS COS PROXECTOS. IMOS A AMÉRICA (6º PRIMARIA)

As nenas e os nenos de 6º estivemos viaxando no tempo e no espazo. Durante uns meses acompañamos a Sabela e demais tripulación nunha viaxe chea de misterios e descubrimentos.

Achégate ao peirao e embarca na nao!!



 

luns, 10 de maio de 2021

9 DE MAIO, DÍA DE EUROPA

O Día de Europa celebra cada 9 de maio a paz e a unidade no continente. A data é o aniversario da histórica declaraciòn de Schuman, considerada o comezo do que hoxe é a Unión Europea.

Con motivo desta data visitounos un gran coñecedor deste tema, Alberto Pazó. O alumnado de 5º e 6º disfrutou e aprendeu moito da súa charla. Moitas grazas Alberto!


 

 

venres, 30 de abril de 2021

OBRADOIRO TAHUMIS

Os pais duns alumnos do cole fixéronnos unha pequena demostración das súas habilidades creando esculturas e pezas de decoración a partir de madeira e outros materiais da natureza.

Nesta ocasión fixeron un fogar tahumiño utilizando unha árbore seca localizada no noso patio. 

Alumnado e profesorado quedamos encantados vendo o proceso de elaboración e o traballo final da súa obra, da cal mostramos as seguintes imaxes.



xoves, 22 de abril de 2021

VIDEOCONTO: EL NIÑO QUE NO QUERÍA SER .....

 Johanna de 4º tráenos esta semana o conto: "El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa", para contrarestar estereotipos de xénero que en moitas ocasións condicionan a vida dos nenos e das nenas.

xoves, 15 de abril de 2021

mércores, 7 de abril de 2021

OBRADOIRO DE RADIO CON CHARO PITA

Moitas grazas Charo Pita por acompañarnos e ensinarnos ao alumnado de 4º esa grande faceta túa de expresión e comunicación. Seguro que nos será de gran axuda para futuras locucións na nosa radio Supercoleondas.





          





 

4 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Alumnado de 5º ensínannos boas posturas para coidar as nosas costas

5ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO

xoves, 25 de marzo de 2021

VIDEOCONTO: DE QUE COR ES TI?

 David de 3º tráenos esta semana o videoconto: De que cor es ti?. Sabiades que todos somos dunha cor?

luns, 8 de marzo de 2021

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o día da Muller traballadora escollemos a unha Muller salientable nalgún oficio para porlle nome ás diferentes aulas do noso colexio. Logo en cada clase buscouse información e traballouse sobre a muller que escolleron.




EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE MULLERES


 

VIDEOCONTO: O PAÍS DOS MANDÓNS

O día Internacional da Muller Alexandre de 3º cóntanos un conto moi relacionado con esta temática: O país dos mandóns.

venres, 5 de marzo de 2021

VIDEOCONTO: A NOITE DAS MUDANZAS

Pedro de 3º achéganos aos animais da granxa dunha maneira diferente e divertida co conto: A noite das mudanzas.

mércores, 24 de febreiro de 2021

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

 EXPOSICIÓN LIBROS DE ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía temos expostos libros dela. Ademais está colgado no blog da radio un recitario dalgunhas poesías de Rosalía que gravamos co alumnado do centro.


 


xoves, 18 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021

O alumnado do Ceip de Olveira celebra con gañas e ilusión o entroido 2021 en época de pandemia e restricións sen esquecer cumprir as normas.

xoves, 11 de febreiro de 2021

Videoconto: La sorpresa de Nandi

Lara de 3º tráenos esta semana o videoconto:

La sorpresa de Nandi,

que recrea as paisaxes e fauna de África

venres, 29 de xaneiro de 2021

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Durante estes últimos días celebramos o Día Escolar da Paz e Non violencia con diferentes actividades, das que deixamos algunha mostra a continuación. Algunhas das actividades foron:

-Canción e vídeo de Paz, Paz, Paz de Juanes.

-Búsqueda e presentación de información de premios Nobel da Paz sudamericanos

-Traballamos con diferentes vídeos e contos relacionados cos valores e temática da paz.

-2 murales da paz,....

 

VIDEOCONTO: NON FAI FALTA A VOZ

Esta semana Xurxo de 4º tráenos este conto que nos mostra formas de comunicación e afecto, ademais de coñecemento e achegamento aos outros.

mércores, 20 de xaneiro de 2021

VIDEOCONTO: DANIELA PIRATA

Ola, xa estamos de volta cos videocontos. Nesta ocasión Breixo de 5º tráenos un conto para traballar a igualdade e coeducación: Daniela pirata.