venres, 29 de maio de 2026

EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria botou a voar a súa imaxinación e creatividade para elaborar diferentes instrumentos musicais empregando material de refugallo. A través desta actividade, ademais de coñecer mellor o mundo da música, tomaron conciencia da importancia de reutilizar materiais e darlles unha segunda vida.

luns, 18 de maio de 2026

OS MONIFATES NA CELEBRACIÓN DO MAIO

Na celebración do Maio contamos coa visita de Os Monifates, que viñeron ao noso centro para poñer música, alegría e moito ambiente a esta festa tan especial. 
O alumnado gozou moito da súa actuación, participando activamente e compartindo momentos cheos de diversión. A súa música e animación contribuíron a facer desta celebración unha xornada inesquecible.
Queremos agradecer a Os Monifates a súa visita e o magnífico espectáculo que nos ofreceron.