mércores, 10 de setembro de 2014

LECTURÍN DANOS A BENVIDA AO NOVO CURSO

Ola, son Lecturín, a mascota da Biblioteca
do Ceip de Olveira!
Un ano máis quero darvos a benvida ao meu recuncho e animarvos a que me veñades visitar.
Como xa sabedes a biblioteca estará aberta nos recreos. Hai profes do Equipo de Biblioteca e Axudantes que colaboran en facer un uso responsable da biblioteca.
Polas tardes abren: os luns, mércores e xoves de 16:30 a 18:30; e martes de 16:30 a 17:30 para que veñades a ler, consultar fondos e préstamo exterior.
Podedes vir con calquera membro da familia, eles tamén poden facer uso da nosa biblioteca.
Esperámosvos!
Temos moitas novas que vos van a gustar!
Ah! non vos olvidedes de mirar de vez en cando no noso blogue, saen todas as actividades que facemos no cole, sobre todo as que saen da biblioteca: biblioceipdeolveira.blogspot.com.es
Seguiremos estando en contacto.

LECTURÍN