luns, 29 de novembro de 2021

20 NOVEMBRO: DÍA DA INFANCIA

Nesta semana os nenos e nenas do CEIP de Olveira pintaron o muro da entrada para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA


 

xoves, 25 de novembro de 2021

VIDEOCONTO: A ANDORIÑA VIAXEIRA

Para rematar cos videocontos dos Dereitos da Infacina, Raúl, Rubén e Martín de 4º de primaria cóntannos hoxe "A andoriña viaxeira".

25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O alumnado de 5º de primaria canta esta fermosa canción titulada "Matriarcas" da cantante Guadi Galego para conmemorar esta data.


mércores, 24 de novembro de 2021

luns, 22 de novembro de 2021

VIDEOCONTO: CHÁMOME ASETU

Seguimos esta semana con videocontos que teñen moito que ver co día dos Dereitos da Infancia. Nesta ocasión Hugo, Simón e David de 4º de primaria cóntannos "Chámome Asetu", adiante rapaces.

xoves, 18 de novembro de 2021

VIDEOCONTO: O NENO SEN NOME

Con motivo da conmemoración do 20 de novembro: Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas, Alexandre e Marcos Martínez de 4º de Primaria tráennos esta semana o videoconto "O neno sen nome".

mércores, 10 de novembro de 2021

VIDEOCONTOS: CORRE CORRE, CABACIÑA

 Esta semana Nerea e Yaiza de 4º tráennos o videoconto "Corre corre, cabaciña". Bo traballo!

 

venres, 5 de novembro de 2021

CERTAME LITERARIO SAMAÍN 2021

Aquí temos os gañadores de cada clase do CERTAME LITERARIO DE POESÍA SAMAÍN 2021. Outra vez foi unha difícil elección para o xurado. Bo traballo a todos os participantes!


CABAZAS GAÑADORAS

Despois dunha ampla deliberación do xurado resultaron gañadoras as seguintes cabazas:

Cabaza tradicional: Axel

Cabaza orixinal: Martín Figueroa

Cabaza elaborada: Víctor

Cabaza terrorífica: Roi

Cabaza divertida: Icía 

 



luns, 1 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021 (CONCURSO CABAZAS)

 Gran participación este ano no concurso de cabazas, cun nivel altísimo. O xurado vai telo moi complicado para elixir aos gañadores, todas son merecedoras de premio. Aquí podedes comprobalo vós mesmos.