Dende a semana pasada contamos no patio de primaria cunha “asamblea de troncos”, un novo espazo pensado para o encontro, o diálogo e o xogo compartido. Trátase dun lugar especial no que o alumnado pode reunirse, conversar, escoitar e expresarse nun ambiente máis natural e acolledor.
Agardamos que este recuncho se converta nun punto de encontro vivo, no que xurdan ideas, historias e momentos para lembrar. Confiamos en que todo o alumnado poida gozar desta nova proposta e facela súa no día a día.