Educación Física
martes, 22 de decembro de 2020
NADAL 2020
Aquí están os nosos rapaces cantando para desexarvos unhas felices festas e un próspero ano cheo de ilusión e felicidade.
BO NADAL E FELIZ 2021
E.I 6º CURSO
1º E.P.
2º E.P.
3º E.P.
4º E.P.
5º E.P.
6º E.P.
luns, 21 de decembro de 2020
VIDEOCONTO DE NADAL: OS TRES REIS DE ORIENTE
Miguel de 6º achéganos a maxia do Nadal con este conto. Vamos escoitalo con atención.
venres, 18 de decembro de 2020
VIDEOCONTO: Sígueme (unha historia de amor que non ten nada de raro)
Esta semana Michelle de 6º tráenos este historia tan bonita sobre o amor e a diversidade. Cando queiras Michelle!
venres, 11 de decembro de 2020
VIDEOCONTO: PETRA
Esta semana Nerea de 3º, tráenos o conto de Petra, cun texto cheo de tenrura e humor, e cunha mensaxe relevante neste tempos que vivimos, tanto para maiores como para nenos máis pequenos.
Adiante Nerea!
venres, 4 de decembro de 2020
mércores, 2 de decembro de 2020
3 de decembro: Día Internacional da Discapacidade
Esta semana traemos 2 contos, un hoxe e outro o venres, para concienciarnos e intentar conseguir un mundo sen barreiras e en igualdade, comprendendo as circunstancias destas persoas, formando unha sociedade de aceptación á diversidade e a diferencia.
Alba e Laura de 5º, cóntannos os 2 contos. Aquí o primeiro.
venres, 27 de novembro de 2020
mércores, 25 de novembro de 2020
25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O alumnado de 1º tráenos no Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Once damas atrevidas, un conto que narra unha conta atrás moi peculiar, a través da cal vamos coñecendo a estas atrevidas damas que viaxan polo mundo.
Aínda temos máis. Escoitade ben esta "porca historia"... Con este conto, Andrés e Ángel, dous rapaces de 6º, quérenvos transmitir o importante que é compartir tarefas e responsabilidades tamén na casa, na vida de cada día. Ben feito, rapaces.
Para rematar o alumnado de 5º e 6º interpretan a canción "Ella" de Bebe.
venres, 20 de novembro de 2020
DEREITOS DOS NENOS (20 NOVEMBRO)
Alberto vainos contar un pouco sobre Malala, unha rapaza de Pakistán que loita polos dereitos das rapazas do seu país.
mércores, 18 de novembro de 2020
DEREITOS DOS NENOS/AS
Como sabedes o 20 de novembro é o día da infancia, dende aquí reclamamos
que todos os nenos e nenas do mundo teñen os mesmos dereitos, vivan
onde vivan. Esta semana adicámoslla aos nosos infantes, aos nosos
pequenos e pequenas. Imos escoitar dúas historias. Comezamos ca de Lois, que de seguro vos vai emocionar.
venres, 13 de novembro de 2020
mércores, 11 de novembro de 2020
Videoconto: "Rufus. O morcego que adoraba as cores"
Hoxe temos outro videoconto. Sabedes quen o le? Siiiii, Lorena!
mércores, 4 de novembro de 2020
venres, 30 de outubro de 2020
SAMAÍN 2020
CONCURSO DE CABAZAS
xoves, 29 de outubro de 2020
Os Bolechas teñen medo
Ola meus amiguiños!
Hoxe imos escoitar a Sergio. Vainos contar: "Os Bolechas teñen medo". Non vos asustedes!!
martes, 27 de outubro de 2020
VIDEOCONTO: O NOSO SAMAÍN
Da man de Yaiza de 3º, imos coñecer algo máis sobre a festa do Samaín. Viaxaremos pola súa historia e coñeceremos a súa orixe. Boa viaxe!
venres, 23 de outubro de 2020
DÍA DA BIBLIOTECA: 24 DE OUTUBRO
Queridas familias, hoxe venres 23 de outubro, co gallo do "Día da Biblioteca" damos comezo a inauguración da nosa biblioteca. Como xa sabedes vai ser moi diferente a de outros anos, pois non abriremos polas tardes. Pero iremos facendo cousiñas que esperemos que vos gusten.
Comezamos con dous videocontos!!
A partir de aquí iremos colgando cada semana un ou dous videocontos. Non deixedes de mirar o noso blog!!
mércores, 14 de outubro de 2020
xoves, 18 de xuño de 2020
RECOMENDACIÓNS LIBROS VERÁN
xoves, 11 de xuño de 2020
VIDEOCONTO CRIS
Moi ben Cris, fixéchelo de marabilla, gracias.
mércores, 10 de xuño de 2020
BIBLIOCONCURSANTES
xoves, 4 de xuño de 2020
VIDEOCONTO ALBA
Moi ben Alba! Como podedes ver, temos unha boa canteira de contacontos no Ceip de Olveira. Ata a próxima!
xoves, 28 de maio de 2020
VIDEOCONTO PAULA SANTAMARÍA
Moi ben Paula, moitas gracias!
mércores, 27 de maio de 2020
9ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO (ÚLTIMA) E CARTILLA
xoves, 21 de maio de 2020
VIDEOCONTO SARA
Fixéchelo fenomenal Sara, moitas gracias!
mércores, 20 de maio de 2020
venres, 15 de maio de 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Preme na imaxe e atoparás máis información e actividades.
OS BOLECHAS-CARVALHO CALERO
xoves, 14 de maio de 2020
VIDEOCONTO ALBA MÍGUEZ
Moi ben Alba, moitas gracias por este CONTACONTOS.
Se queredes unirvos a estes contacontos só tedes que mandarnos un vídeo ao correo bibliotecaceipdeolveira@gmail.com
mércores, 13 de maio de 2020
xoves, 7 de maio de 2020
VIDEOCONTO NEREA
Moitas gracias Nerea! Unha magnífica CONTACONTOS.
mércores, 6 de maio de 2020
xoves, 30 de abril de 2020
VIDEOCONTO SOFÍA
Moitas gracias Sofía! Eres unha gran CONTACONTOS!
mércores, 29 de abril de 2020
xoves, 23 de abril de 2020
23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Para celebralo imos poñer varias actividades que de seguro vos gustarán!
Comezamos con un pouco de marcha, cunha canción! Veña! A bailar e cantar con "Pablo Díaz"
A que é chula?
Xa sabedes que "O Día do Libro" (tamén denominado Día Internacional do Libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
Seguro que nestes días, nos que pasamos todo o tempo na casiña, estamos acompañados dalgún libro ou libros; pois son moi bos amigos: cóntannos moitas historias, fannos rir, viaxar, soñar,...
Pois para que non perdades a folla na que estades deixámosvos aquí un titorial de como facer un marcapáxinas:
Que tal o fixéchedes? Agora vouvos deixar un xogo que de seguro que coñecedes. Estes días estiven buscando polas redes e encontreime cooooo....PASAPALABRA ESPECIAL DÍA DO LIBRO!
Queredes intentar completalo? Veña! Aí vai!
Para rematar deixámosvos un "CONTACONTOS". Alguén nos gravou un contiño: "GARAVANCIÑO"
Sabedes quen é? Claro que sí, a mestra de música, a profe Estrella. Moitas gracias profe.
Ques ser ti un CONTACONTOS? Pois veña, práctica un pouco e grávate nun audio. Envíanolo ao correo: bibliotecaceipdeolveira@gmail.com
Cada xoves colgarase un contacontos, feito por vós (tamén vos poden acompañar algún membro da familia) no blog da biblioteca. Anímate!
Unha aperta agarimosa! E xa sabedes: nunca deixar de viaxar, soñar, correr aventuras,...LER!
Un saúdo.
LECTURÍN
mércores, 22 de abril de 2020
mércores, 15 de abril de 2020
mércores, 1 de abril de 2020
mércores, 25 de marzo de 2020
luns, 23 de marzo de 2020
domingo, 15 de marzo de 2020
CONTACONTOS ALUMNADO
martes, 10 de marzo de 2020
CHARLA SOBRE A HIXIENE BUCAL
