Para celebralo imos poñer varias actividades que de seguro vos gustarán!
Comezamos con un pouco de marcha, cunha canción! Veña! A bailar e cantar con "Pablo Díaz"
A que é chula?
Xa sabedes que "O Día do Libro" (tamén denominado Día Internacional do Libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
Seguro que nestes días, nos que pasamos todo o tempo na casiña, estamos acompañados dalgún libro ou libros; pois son moi bos amigos: cóntannos moitas historias, fannos rir, viaxar, soñar,...
Pois para que non perdades a folla na que estades deixámosvos aquí un titorial de como facer un marcapáxinas:
Que tal o fixéchedes? Agora vouvos deixar un xogo que de seguro que coñecedes. Estes días estiven buscando polas redes e encontreime cooooo....PASAPALABRA ESPECIAL DÍA DO LIBRO!
Queredes intentar completalo? Veña! Aí vai!
CCCbO
Para rematar deixámosvos un "CONTACONTOS". Alguén nos gravou un contiño: "GARAVANCIÑO"
Sabedes quen é? Claro que sí, a mestra de música, a profe Estrella. Moitas gracias profe.
Ques ser ti un CONTACONTOS? Pois veña, práctica un pouco e grávate nun audio. Envíanolo ao correo: bibliotecaceipdeolveira@gmail.com
Cada xoves colgarase un contacontos, feito por vós (tamén vos poden acompañar algún membro da familia) no blog da biblioteca. Anímate!
Unha aperta agarimosa! E xa sabedes: nunca deixar de viaxar, soñar, correr aventuras,...LER!
Un saúdo.
LECTURÍN