venres, 15 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O domingo 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
A data desta celebración débese a que tal día como o 17 de maio de 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego.
Con esta celebración a Real Academia Galega quere homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria no idioma galego ou pola defensa de dita lingua. 

Este ano o homenaxeado é
RICARDO CARBALLO CALERO.
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/

Preme na imaxe e atoparás máis información e actividades.


OS BOLECHAS-CARVALHO CALERO