luns, 10 de outubro de 2016

CARTA LECTURÍN OUTUBRO

Ola familia! Son Lecturín a mascota da Biblioteca do Ceip de Olveira. Un ano máis quero darvos a benvida ao meu recuncho e animarvos a que nos veñades visitar. Como xa sabedes a biblioteca estará aberta polas tardes: os luns, mércores e xoves de 16:30 a 18:30; e martes de 16:30 a 17:30 para ler, consultar fondos e préstamo exterior. Podedes vir calquer membro da familia!
No corredor temos o "Recanto Especial de Lecturas", nel podedes ler ou coller libros que poden ser do voso interese; cando os collades tedes que ir xunto a bibliotecaria a que volo rexistre, igual cando o devolvades.
"CÓNTAME UN CONTIÑO": si queresdes llerles un conto a unha ou varias aulas, anotádevos ó final desta folla e que @ vos@ fill@ llo entregue o titor/a. Podédesllo ler calquer membro da familia (pais, nai, avó, padriño, tía,...). En principio será a primeira hora da maña (entre as 10 e as 11); si por algún motivo nesa hora non podedes, cambiaríase.
Esperámosvos!
Ah!, non vos olvidedes de mirar de vez en cando o noso blogue, saen todas as actividades que facemos no cole, sobre todo as que saen da biblioteca: biblioceipdeolveira.blogspot.com.es
Seguiremos estando en contacto.
LECTURÍN





-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Eu_______________________________________________________familiar de ____________________________________ que está en ________________curso, quero ler un conto á clase (ou clases) de___________________________________
___________________________________________________________.
Tlno de contacto:_______________________