mércores, 28 de setembro de 2016

CARTA DE LECTURÍN

Ola, son Lecturín,
a mascota da Biblioteca do Ceip de Olveira!
Un ano máis quero darvos a benvida e animarvos a que me veñades visitar á Biblioteca do cole.
A partir de outubro xa nos podemos ver;
como xa sabedes a biblioteca estará aberta nos recreos.
Hai profes do Equipo de Biblioteca e Axudantes que colaboran en facer un uso responsable da biblioteca.
Polas tardes abren: os luns, mércores e xoves de 16.30 a 18.30;
e martes de 16.30 a 17.30 para que veñades a ler, consultar fondos e préstamo exterior. Podedes vir con calquer membro da familia,
eles tamén poden facer uso da nosa biblioteca!
Espérovos!
Temos moitas novas que vos van gustar!
Ah! non vos olvidedes de mirar de vez en cando no noso blogue,
saen todas as actividades que facemos no cole,
sobre todo as que saen da biblioteca: biblioceipdeolveira.blogspot.com.es
Seguiremos estando en contacto.
LECTURÍN
                              LECTURÍN