venres, 10 de maio de 2013

APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE OS INSECTOS

Ola, xa sei que aprendéstedes moitas cousas sobre os insectos durante este proxecto. Para repasar e ver algunha cousas máis, só tes que premer na imaxe.
  PREME NA IMAXE

mércores, 3 de abril de 2013

NOVAS DE LECTURÍN


          



Ola amiguiños!
Neste mes de abril celebrámolo “Mes do Libro”, como sabedes van vir dous autores: Ramón Caride e Anxo Moure. Falarannos dos seus libros e a contarannos historias incribles. Xa sei que estades lendo algúns dos seus libros, seguro que vos gustan moito.
Ben, estamos en contacto, e... non olvidedes: “Un bo libro é sempre un bo amigo”.
Aburiño!!

    

                                   LECTURÍN

TRABALLANDO NO NOSO PROXECTO

luns, 11 de marzo de 2013

O NOSO PROXECTO


          

    Ola meus amiguiños!


Neste trimestre imos traballar cun proxecto en común, é o noso 1º Proxecto Documental Integrado (PDI). Como sabedes trata dos insectos, cada ciclo traballará sobre uns determinados. Tedes que investigar moito e documentarvos; para iso tedes na biblioteca moitos libros que vos poden axudar. Usade tamén as novas tecnoloxías que están á vosa disposición tanto nas aulas como na sala de ordenadores.
No terceiro trimestre, aló polo mes de abril, xa poderedes expoñer os vosos traballos e en maio faremos unha posta en común.
Seguro que disfrutaredes con esta actividade, e descubriredes moitas cousas impresionantes sobre estos pequenos bichiños.
Seguiremos estando en contacto.

                                   LECTURÍN