luns, 11 de marzo de 2013

O NOSO PROXECTO


          

    Ola meus amiguiños!


Neste trimestre imos traballar cun proxecto en común, é o noso 1º Proxecto Documental Integrado (PDI). Como sabedes trata dos insectos, cada ciclo traballará sobre uns determinados. Tedes que investigar moito e documentarvos; para iso tedes na biblioteca moitos libros que vos poden axudar. Usade tamén as novas tecnoloxías que están á vosa disposición tanto nas aulas como na sala de ordenadores.
No terceiro trimestre, aló polo mes de abril, xa poderedes expoñer os vosos traballos e en maio faremos unha posta en común.
Seguro que disfrutaredes con esta actividade, e descubriredes moitas cousas impresionantes sobre estos pequenos bichiños.
Seguiremos estando en contacto.

                                   LECTURÍN