Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado polo alumnado de 6º de Educación Primaria con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
A través desta actividade, reflexionaron sobre a importancia de loitar contra a violencia machista, fomentar o respecto e construír entre todos e todas unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de violencia.
Porque educar en igualdade tamén é educar para un futuro mellor. 💜