Educación Física
luns, 22 de decembro de 2025
venres, 19 de decembro de 2025
BO NADAL!!!!
Aquí tedes un pequeno vídeo do último día de clase de decembro. 🎥
Desexámoslles a todos un feliz Nadal e que gocen dunha merecida pausa. 🎄✨
venres, 12 de decembro de 2025
CARTAS DE NADAL CHEAS DE ILUSIÓN
O alumnado do colexio escribiu con moita ilusión as súas cartas de Nadal para enviar ás súas familias. Queremos agradecer a Correos que pasase polo noso cole a recoller todas as cartas, que moi pronto chegarán aos vosos buzóns, cheas de agarimo e bos desexos nestas datas tan especiais.
mércores, 10 de decembro de 2025
xoves, 4 de decembro de 2025
3 DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Esta semana, para conmemorar o Día das Persoas con Discapacidade, o alumnado de 6º de Primaria preparou e realizou contacontos inclusivos para distintas aulas do colexio.
Os nenos e nenas seleccionaron historias que destacan a importancia da diversidade e da empatía, e contáronllas con moita ilusión aos máis pequenos e a outros cursos. Foi unha actividade enriquecedora que nos axudou a reflexionar sobre o respecto, a convivencia e o valor de todas as persoas.
martes, 2 de decembro de 2025
MERCADILLO SOLIDARIO
Como ven sendo habitual por estas datas, na nosa biblioteca poñemos en marcha o Mercadiño Solidario de Libros. Trátase dunha actividade na que unimos lectura e solidariedade, implicando a toda a comunidade educativa na axuda ás familias que máis o precisan.
O funcionamento é moi sinxelo:
➡️ O alumnado e as familias poden traer un paquete ou 1 kg de alimentos non perecedoiros (pasta, arroz, legumes, leite, conservas…).
➡️ Por cada quilo de alimentos, poderán levar un libro do noso mercadiño.
venres, 28 de novembro de 2025
mércores, 26 de novembro de 2025
MIGALLAS VISITA O NOSO COLE
Co motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o noso colexio tivo a sorte de recibir a visita do grupo Migallas, que nos agasallou coa súa obra “Elas pintan moito”.
A través da música, da narración e do humor, Migallas achegou ao alumnado unha reflexión necesaria sobre a igualdade, o papel das mulleres na historia e a importancia de rexeitar calquera forma de violencia. A posta en escena foi dinámica, divertida e moi participativa, polo que os nenos e nenas gozaron moito da actividade ao tempo que aprenderon valores fundamentais.
Agradecemos ao grupo Migallas o seu traballo e o seu compromiso coa educación en igualdade. Actividades coma esta axudan a construír unha escola máis consciente, respectuosa e libre de violencias.martes, 25 de novembro de 2025
25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No noso centro conmemoramos o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia contra a Muller, mediante diferentes actividades nas que participou todo o alumnado.
Hoxe queremos compartir convosco unha pequena mostra do traballo realizado polo alumnado de 5º de Primaria.
Nesta ocasión, partimos da obra O fillo do home, do pintor belga René Magritte, como punto de partida artístico para promover a reflexión, a igualdade e o respecto. A través desta icona do surrealismo, o alumnado reinterpretou a imaxe para transmitir mensaxes de rexeitamento da violencia e de defensa da igualdade.
O resultado foi unha colección de creacións orixinais que convidan a pensar e a continuar construíndo unha convivencia baseada no respecto e na liberdade.
xoves, 20 de novembro de 2025
20 DE NOVEMBRO - DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA
xoves, 13 de novembro de 2025
OBRADOIROS POLA IGUALDADE
mércores, 12 de novembro de 2025
xoves, 6 de novembro de 2025
xoves, 30 de outubro de 2025
martes, 28 de outubro de 2025
PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN!!!
O alumnado de 4° de Ed primaria estiveron facendo cuns botes de vidro uns chulísimos adornos para Samaín.
luns, 27 de outubro de 2025
CONTOS DE TERROR!!!!
Comenzamos cos contos de terror. O venres 25, o alumnado de 5° de primaria, contáronlles contiños aos máis pequenos do cole.
Para 1º de primaria.
martes, 21 de outubro de 2025
xoves, 16 de outubro de 2025
luns, 13 de outubro de 2025
venres, 26 de setembro de 2025
SAÍDA RÍO DO MAR
Este venres 26 de setembro alumnado de 5º de EI, 5º de EP e 6º de EP fixeron unha saída ata o Río do Mar.
luns, 23 de xuño de 2025
xoves, 19 de xuño de 2025
PDI 6º: MULLERES CIENTÍFICAS
HIPATIA DE ALEJANDRÍA
mércores, 18 de xuño de 2025
PDI 5º: CIENCIA E TECNOLOXÍA
ENARA E SARA
martes, 17 de xuño de 2025
OBRADOIRO AMBAR: COLGANTES VEXETAIS
O alumnado de Infantil participio nun obradoiro con AMBAR, "Colgantes vexetais". Moitas grazas!
Para ver as fotos PREME AQUÍ
luns, 16 de xuño de 2025
venres, 13 de xuño de 2025
PROXECTOS DE INFANTIL
O alumnado de infantil profundizou en diferentes proxectos durante este curso. Aquí tedes unha pequena mostra das súas investigacións.
ABELLAS
xoves, 12 de xuño de 2025
xoves, 5 de xuño de 2025
5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O alumnado de 5º e 6º de primaria elaborou instrumentos musicais con material de refugallo. Bo traballo!
mércores, 4 de xuño de 2025
venres, 30 de maio de 2025
mércores, 28 de maio de 2025
mércores, 21 de maio de 2025
luns, 19 de maio de 2025
venres, 16 de maio de 2025
LETRAS GALEGAS 2025
Aquí podedes escoitar os traballos que chegaron ao colexio de cantigas populares do certame das letras galegas. Gracias!
xoves, 15 de maio de 2025
mércores, 14 de maio de 2025
luns, 12 de maio de 2025
xoves, 8 de maio de 2025
mércores, 7 de maio de 2025
luns, 5 de maio de 2025
mércores, 30 de abril de 2025
luns, 28 de abril de 2025
OBRADOIRO ECOPERCUSIÓN
Este luns 28 de abril o alumnado de 3º e 5º de primaria participou nun obradoiro de ecopercusión, no cal a partir de materiais reciclados crearon diferentes ritmos traballando a coordinación, lateralidade, traballo en grupo,...
venres, 25 de abril de 2025
VISITOUNOS JOSÉ ANTONIO ABAD
Este venres 24 de abril, visitounos José Antonio Abad, autor do libro "Os planetas. A música do firmamento". O escritor contoulles aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º a historia do protagonista, un rapaz que nos seus soños percorre o sistema solar ao ritmo da música de Holst.
Moitas gracias José Antonio!
mércores, 23 de abril de 2025
xoves, 10 de abril de 2025
VISITOUNOS SUSA HERRERA
Este xoves 10 de abril tivemos a sorte de contar conSusa Herrera, profesora de expresión musical na Universidade de Vigo que nos fixo cantar e bailar cos seus contos.
Moitas gracias!!!
mércores, 9 de abril de 2025
venres, 4 de abril de 2025
CANCIÓN DI-VERSOS
Aquí temos o resultado do obradoiro impartido por Fernando Pérez promovido polo concello de Ribeira "Di-versos, cancións para a diversidade". Moitas gracias!
mércores, 2 de abril de 2025
martes, 1 de abril de 2025
mércores, 26 de marzo de 2025
venres, 21 de marzo de 2025
CONCERTO SANTIAGO: 4º,5º E 6º
O alumnado de 4º, 5º e 6º visitou o Auditorio de Galicia para gozar da obra "Parade, el circo de los valientes" a cargo da Real Filharmonia de Galicia.
mércores, 19 de marzo de 2025
martes, 18 de marzo de 2025
TRABALLANDO POLA INTEGRACIÓN: OBRADOIRO AMBAR
luns, 17 de marzo de 2025
mércores, 12 de marzo de 2025
martes, 11 de marzo de 2025
venres, 7 de marzo de 2025
8M: DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.
Para conmemorar este día visitounos Trémola teatro, compañía de teatro infantil.
luns, 3 de marzo de 2025
xoves, 27 de febreiro de 2025
venres, 21 de febreiro de 2025
xoves, 20 de febreiro de 2025
martes, 18 de febreiro de 2025
OBRADOIRO: CANCIÓN POLA DIVERSIDADE
Este martes 18 de febreiro o alumnado de 4º de primaria levou a cabo o obradoiro do concello de Ribeira "Di-versos, cancións para a diversidade", no cal compuxeron, interpretaron e gravaron unha canción co asesoramento de Fernando, coñecido músico de Ribeira.
luns, 17 de febreiro de 2025
venres, 14 de febreiro de 2025
luns, 10 de febreiro de 2025
venres, 7 de febreiro de 2025
HORTO ESCOLAR
Esta semana a clase de 3º pasou polo horto escolar para preparar un bancal e plantar unhas patacas, contando coa inestimable colaboración de Manolo e Johanna. Nuns meses veremos os resultados, 😋.

















































