O día Escolar da Non Violencia e da Paz
celébrase desde o ano 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non
gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e
Pacificadora do profesor e poeta Llorenç Vidal. Desde 1964 celebramos o
30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
No1993 a Organización das
Nacións Unidas (ONU) recoñece o 30 de xaneiro como o Día Internacional
da Paz e Non Violencia. Esta data foi escollida para conmemorar a morte
de Gandhi no 1948.
Nesta data lémbrase a
necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto
aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
O lema deste día é: "amor universal, non-violencia e paz".
Nas escolas pretendemos
inculcar unha cultura de paz e entendemento entre persoas de distinta
formación, raza, cultura e relixión.
Este día non se celbrou nas escolas galegas ata o 1982.
Nós, como cada ano celebramos o día da paz con diferentes actividades.