venres, 24 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela unha das escritoras máis importante da nosa literatura.
A continuación podemos escoitar un poema do libro "Follas Novas" (1880), Negra sombra, certo que se trata dun poema triste, mais converteuse nunha canción emblemática da música galega, porque o músico, Xoán Montés Capón uniu estas letras cun alalá recollido na Cruz do Incio. Foi presentado por primeira vez no Gran Teatro da Habana no ano 1892.
Considérase un dos cantos máis fermosos e elementais de Galicia, e as súas letras fúndense co trazo melódico que xa non se conciben separadamente.
Gravado por numerosos artistas: diversos coros, Luz Casal, Carlos Núñez, Pucho Boedo, Amancio Prada, Al Bano, María do Ceo, Astarot..





As nenas e os nenos de 1º foron a un concerto no auditorio para celebrar o día de Rosalía. Preme na foto para ver máis imaxes.