venres, 25 de novembro de 2016

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller foi aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1999. A proposta para celebrar esta data realizouna a República Dominicana.
A violencia contra as mulleres afecta á súa saúde, pero vai moito máis alá, xa que as súas familias e as comunidades nas que viven tamén sofren este ataque contra os dereitos da muller.

Deixamos un conto "Los colores", que é un conto coeducativo incluido no libro "Cuentos para despertar" de Nunila López e Myriam Cameros, as autoras do conto "La cenicienta que no quiere comer perdices", da Editorial Planeta.
                                Pincha na imaxe para ler o conto

Aquí temos tamén o conto na lingua de signos.