Neste curso comezamos “Unha viaxe
polo mundo” co noso Proxecto Documental Integrado, este ano
traballaremos sobre África. O xoves 24 de novembro o alumnado de
primaria asistimos a un concerto no Conservatorio Histórico de
Santiago “Unha viaxe a tempo”, onde nos ensinaron algunha canción de África.
Educación Física
venres, 25 de novembro de 2016
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller foi aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1999. A proposta para celebrar esta data realizouna a República Dominicana.
A violencia contra as mulleres afecta á súa saúde, pero vai moito máis alá, xa que as súas familias e as comunidades nas que viven tamén sofren este ataque contra os dereitos da muller.
A violencia contra as mulleres afecta á súa saúde, pero vai moito máis alá, xa que as súas familias e as comunidades nas que viven tamén sofren este ataque contra os dereitos da muller.
Deixamos un conto "Los colores", que é un conto coeducativo incluido no libro "Cuentos para despertar" de Nunila López e Myriam Cameros, as autoras do conto "La cenicienta que no quiere comer perdices", da Editorial Planeta.
Aquí temos tamén o conto na lingua de signos.
luns, 21 de novembro de 2016
DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO
O 20 de Novembro celebramos o Día dos Dereitos do Neno e da nena, por que se celebra este día?
A celebración do Día do neno e a nena remóntase o ano 1924, cando a Liga das Nacións, precursora das Nacións Unidas, aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno. A declaración establece o dereito dos nenos e nenas a dispor de medios para o seu desenvolvemento material, moral e espriritual; asistencia especial cando estean famentos, enfermos, discapacitados ou quedaran orfos; ser os primeiros en recibir socorro cando se atopan en dificultades; liberdade contra a explotación económica; e unha crianza que lles inculque un sentimento de responsabilidade social.
Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas, aprobaron unha segunda Declaración dos Dereitos do Neno. No seu artigo 25 di que a infancia ten “dereito a coidados e asistencia especiais”
Foi en 1959 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira Declaración destes Dereitos, máis detallada cas anteriores. Recoñece dereitos como a liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha nacionalidade. Tamén consagra específicamente os deeitos dos nenos á educación, a atención da saúde e a unha protección especial. Suxeriu a todos os gobernos que celebraran o día do neno.
Pincha na imaxe para poder ver os traballos realizados polos alumnos
Pincha na imaxe para poder ver os traballos realizados polos alumnos
mércores, 16 de novembro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)