Son Lecturín, a mascota da Biblioteca.
Estamos poñendo en marcha un blogue da biblioteca, ao cal podes acceder dende a páxina do CEIP de Olveira ou ben dende http://biblioceipdeolveira.blogspot.com.es/
Neste curso imos a introducir moitas novidades, nas que queremos que participedes.Estamos levando a cabo unha remodelación da biblioteca cuxos cambios iredes vendo pouquiño a pouco.
Neste primeiro trimestre ambientaremos a biblioteca e algúns espazos do centro coa temática: “O Medo”.
Algúns amiguiños meus están colaborando neste fin e viñeron a visitarnos:
-A bruxa da entrada amósanos as normas básicas que debemos ter en conta á hora de estar na biblioteca.
-A fantasma que está na cortina indícanos os libros apropiados para cada grupo de alumn@s.
-O morcego que está na porta, tráenos unha caixa para que deixedes as vosas suxerencias, para mellorar a biblioteca.
-Na cabazota, que está nas escaleiras, podedes deixar os vosos medos,escritos nunha nota. A cabazota levaraos e os medos desaparecerán con ela, para sempre!
-O doutor esqueleto estará na enfermería da biblioteca para curar os libros que estén algo danados. Déixaos ao seu carón para que se curen.
-Eu, Lecturín, estou no Panel Informativo da Biblioteca situado no corredor da planta baixa. Alí tedes unhas cabazas para deixar as vosas recomendacións de lectura (aqueles libros que máis che gustasen...), e ver as dos demais.Espero que disfrutemos de todas estas actividades e que sexamos os mellores lectores da nosa comarca!!!
Seguiremos estando en contacto.
LECTURÍN