venres, 30 de outubro de 2026

VÍDEOS SAMAÍN

TEATRO CHINO SAMAÍN

O alumnado de 6º de Primaria preparou un teatro de sombras chinesas con adiviñas relacionadas co Samaín. Cunha boa dose de creatividade e ilusión, puxeron en escena a súa actuación, da que puido gozar todo o alumnado do colexio. Unha maneira orixinal e entretida de celebrar o Samaín e compartir o seu traballo co resto dos compañeiros e compañeiras!

venres, 23 de outubro de 2026

CONTACONTOS SAMAÍN FAMILIAS

O Samaín tamén chegou da man dos contos! 🎃👻 O papá e a mamá de Xiana e Icía González visitáronnos no cole para ofrecernos unha sesión de contacontos moi especial, chea de historias misteriosas, personaxes sorprendentes e algunha que outra sorpresa arrepiante.

Entre cabazas, pantasmas e moita curiosidade, os nenos e nenas gozaron escoitando os contos e deixándose levar pola maxia desta celebración tan especial.

Moitas grazas!

luns, 19 de outubro de 2026

OBRADOIRO DE RECICLAXE

Hoxe, 19 de outubro, o Concello de Ribeira levou a cabo un obradoiro de reciclaxe co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Durante a actividade, os nenos e nenas puideron aprender máis sobre a importancia de reciclar, separar correctamente os residuos e coidar o medio ambiente, descubrindo pequenos xestos que podemos facer cada día para construír un mundo máis sostible.

Moitas grazas ao Concello de Ribeira por achegar esta iniciativa ao noso centro!

venres, 18 de setembro de 2026

SAÍDA RÍO DO MAR

Aproveitando o bo tempo destes primeiros días de curso, parte do alumnado do noso cole achegouse ata o Río do Mar para gozar dunha agradable mañá ao aire libre.

Durante a saída tivemos a oportunidade de compartir momentos de convivencia, desfrutar da contorna e realizar diferentes actividades nun ambiente distendido e divertido.

Pasámolo moi ben e regresamos ao cole cunha chea de bos recordos desta primeira excursión do curso.

PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ