xoves, 18 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS LIBROS VERÁN

Boas amiguiños! Como todos os anos deixámosvos unhas recomendacións lectoras para que disfrutedes no verán. Non vos olvidedes que os libros son coma os amigos, con eles podedes rir, xogar, aventurarvos, gozar,...
Que teñades boas vacacións e vémonos en setembro!
                                               Lecturín
 
Recom Lectoras 2020

xoves, 11 de xuño de 2020

VIDEOCONTO CRIS

Ola amigos, esta semana  Cris de E.I.6 preséntanos o videoconto "O perro López". Todo teu Cris:
 
 Moi ben Cris, fixéchelo de marabilla, gracias.

mércores, 10 de xuño de 2020

BIBLIOCONCURSANTES

Ola, podedes ver a lista de biblioconcursantes. Se hai algún erro contactade por correo. Gracias por participar.

 

xoves, 4 de xuño de 2020

VIDEOCONTO ALBA

Xa estamos rematando o curso e polo tanto os videocontos, pero aínda podedes mandar, se vos animades. Esta semana Alba de 4º de Primaria tróuxonos outro magnífico videoconto "A xacia Luviñas". Aquí o tedes!


Moi ben Alba! Como podedes ver, temos unha boa canteira de contacontos no Ceip de Olveira. Ata a próxima!

xoves, 28 de maio de 2020

VIDEOCONTO PAULA SANTAMARÍA

Unha semana máis temos a sorte de contar cunha gran contacontos. Paula Santamaría de 5º preséntanos o videoconto "A burra Ramona". 
 
 Moi ben Paula, moitas gracias!

mércores, 27 de maio de 2020

9ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO (ÚLTIMA) E CARTILLA

Ola amigos, hoxe coa 9ª pregunta chegamos ao final do biblioconcurso. Tedes aquí a cartilla para enviar as respostas. Non fai falta que enviedes as respostas na cartilla, podedes envialas tamén directamente numeradas nun correo ou escribilas nun papel e achegalo por correo. Esperamos as vosas respostas, seguro que o facedes moi ben. O correo para mandar as respostas é: bibliotecaceipdeolveira@gmail.com

xoves, 21 de maio de 2020

VIDEOCONTO SARA

Ola, aquí estamos coa ilusión de ver outro videoconto. Esta semana Sara de 2º animouse a mandarnos un videoconto titulado "Burbujas". Adiante Sara!


 Fixéchelo fenomenal Sara, moitas gracias!