venres, 20 de decembro de 2019

BO NADAL!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipolveira/galeria/thumbnails.php?album=105

Preme na imaxe para ver as fotos do Nadal.

NADAL SOLIDARIO

Outro ano máis o CEIP de Olveira ven de realizar un mercadillo solidario, onde cada nen@ ou membro da comunidade educativa pudo levar un libro a cambio de aportar un kg de alimento non perecedoiro. Todo o recaudado foi destinado a Cruz Vermella. Agradecer a todos a vosa colaboración.

martes, 17 de decembro de 2019

COMO AXUDO A ANTÓN?

O colectivo Biosbardos visitou o CEIP de Olveira co  contacontos “Como axudo a Antón?”, conto pedagóxico sobre o acoso escolar Moitas gracias!

venres, 31 de maio de 2019

PDI OCEANÍA

A PDI (Proxecto Documental Integrado) de este curso tratou sobre o continente de Oceanía. Desde diferentes perspectivas aprendemos cousas moi interesantes. Aquí podemos ver un traballo levado acabo pola aula de 6º de Educación Infantil.
En Australia cada 26 de maio celébranse diferentes cerimonias, marchas e presentación para que os australian@s poidan expresar o seu arrepentimento polo maltrato histórico que recibiu a poboación aborixe do seu país.

               
Relacionado coa PDI, a auxiliar de conversa do CEIPP
de Artes, Hayley, veu a contarlles aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria do noso cole moitas cousas interesantes do seu país de orixe, New Zealand.

xoves, 30 de maio de 2019

VISITOUNOS AMBAR

Tivemos a sorte de contar coa Asociación AMBAR, que realizou 3 sesións diferentes no noso cole:
1)Contacontos, cunha persoa sordomuda coa linguaxe de signos (Infantil).
2)Obradoiro de pintura para 1º, 2º e 3º.
3)Obradoiro de manualidades para 4º, 5º e 6º.
Foi unha experiencia moi enriquecedora para todo o alumnado, na que os nen@s disfrutaron e na que puidemos traballar a inclusión social. MOITAS GRAZAS AMBAR, esperamos contar con vós noutras ocasións. Preme na imaxe para ver as fotos.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipolveira/galeria/thumbnails.php?album=103