mércores, 7 de xuño de 2023

PDI: CREBACABEZAS "THE BAGPIPER"

O alumando de 3º de primaria fai crebacabezas coa pintura do artista galego Luis Seoane titulada "The Bagpiper", en Arts and crafts.



PDI: INPIRÁNDOSE EN PABLO PICASSO

Os nenos e nenas de 4º de primaria inspíranse en Pablo Picasso para crear traballos artísticos relacionados coa música e o arte en Arts and crafts.



PDI: MÚSICA NO CINE

O alumnado de 6° estivo investigando sobre a música no cine. Elixiron varias bandas sonoras para expoñérllelas ao resto do cole.

Estes días están indo varios grupos á presentación dalgúns dos seus traballos.
 

martes, 6 de xuño de 2023

PDI: INVESTIGANDO INSTRUMENTOS MUSICAIS

O alumnado de 5° de Ed.Infantil estivo investigando sobre os instrumentos musicais. Tiveron unha exposición na aula e fixeron un instrumento con material de refugallo.


 

luns, 5 de xuño de 2023

PDI: MUSIC QUIZ

O alumnado de 5º e 6º prepara as preguntas e as respostas para xogar ao "Music Quiz" na área de inglés.



PDI 2022-23: MÚSICA

 Este curso 2022-23 o Proxecto Documental Integrado (PDI) trata sobre o mundo da música.

En Educación Física realizamos xogos musicais na que o pasamos xenial.

venres, 2 de xuño de 2023

CONTACONTOS: JADE, CARMEN E SARA

"Bos días avoa" foi o conto que Jade, Carmen e Sara lles contaron ao alumnado de 2º de primaria.