O alumnado de 1º, 2º e 3º visitou o Auditorio de Ribeira para gozar dunha sesión de contacontos a cargo de "Títeres Cachirulo". Pasárono moi ben!
O alumnado de 1º, 2º e 3º visitou o Auditorio de Ribeira para gozar dunha sesión de contacontos a cargo de "Títeres Cachirulo". Pasárono moi ben!
Este venres, 14 de abril visítanos Álex Vidal, parataekwondista ribeirense. Falaralles aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria sobre o deporte que practica e o que tivo que loitar para estar no máis alto.
Pedro Iglesias, especializado na comunicación gráfica, sonora e social ofreceunos un obradoiro aos nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Primaria na que puideron experimentar coa produción de música contemporánea dun xeito lúdico, interactivo e colaborativo; dándolles a posibilidade de experimentar con diferentes aparellos sonoros e instrumentos musicais
Moitas grazas Pedro!!
Os nenos e nenas de 5º de Primaria tiveron un encontro online coa gran música e escritora galega Cristina Pato afincada en Nova York. Contounos en inglés, e en galego, moitas cousas sobra a súa traxectoria musical e literaria. Agradecer a súa disposición e simpatía.