Esta semana Nerea de 3º, tráenos o conto de Petra, cun texto cheo de tenrura e humor, e cunha mensaxe relevante neste tempos que vivimos, tanto para maiores como para nenos máis pequenos.
Adiante Nerea!
Esta semana Nerea de 3º, tráenos o conto de Petra, cun texto cheo de tenrura e humor, e cunha mensaxe relevante neste tempos que vivimos, tanto para maiores como para nenos máis pequenos.
Adiante Nerea!
Esta semana traemos 2 contos, un hoxe e outro o venres, para concienciarnos e intentar conseguir un mundo sen barreiras e en igualdade, comprendendo as circunstancias destas persoas, formando unha sociedade de aceptación á diversidade e a diferencia.
Alba e Laura de 5º, cóntannos os 2 contos. Aquí o primeiro.
O alumnado de 1º tráenos no Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Once damas atrevidas, un conto que narra unha conta atrás moi peculiar, a través da cal vamos coñecendo a estas atrevidas damas que viaxan polo mundo.
Aínda temos máis. Escoitade ben esta "porca historia"... Con este conto, Andrés e Ángel, dous rapaces de 6º, quérenvos transmitir o importante que é compartir tarefas e responsabilidades tamén na casa, na vida de cada día. Ben feito, rapaces.
Para rematar o alumnado de 5º e 6º interpretan a canción "Ella" de Bebe.
Alberto vainos contar un pouco sobre Malala, unha rapaza de Pakistán que loita polos dereitos das rapazas do seu país.
Como sabedes o 20 de novembro é o día da infancia, dende aquí reclamamos
que todos os nenos e nenas do mundo teñen os mesmos dereitos, vivan
onde vivan. Esta semana adicámoslla aos nosos infantes, aos nosos
pequenos e pequenas. Imos escoitar dúas historias. Comezamos ca de Lois, que de seguro vos vai emocionar.