xoves, 6 de febreiro de 2020

CONTACONTOS ALUMNADO

Alba T e Alba M contáronlles un contiño co kamishibai @s nen@s de INFANTIL. Un saúdiño!

mércores, 5 de febreiro de 2020

Visítanos Raquel Queizás

Unha gran contacontos, Raquel Queizás, visítanos e cóntanos unhas historias sobre a igualdade no que todo o alumnado de Infantil, 1° e 2° de Primaria participaron con moito entusiasmo.
Moitas grazas Raquel!

venres, 31 de xaneiro de 2020

DIA DA PAZ 2020



Na semana do día da Paz os nenos e nenas estivemos traballando cunha Receita de Paz. Os ingredientes fundamentais son: alegría, amor, compartir, esperanza, perdón, paciencia amizade, felicidade, igualdade, simpatía, calma, apertas, axuda,.. a ver que tal nos sae!

venres, 20 de decembro de 2019

BO NADAL!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipolveira/galeria/thumbnails.php?album=105

Preme na imaxe para ver as fotos do Nadal.

NADAL SOLIDARIO

Outro ano máis o CEIP de Olveira ven de realizar un mercadillo solidario, onde cada nen@ ou membro da comunidade educativa pudo levar un libro a cambio de aportar un kg de alimento non perecedoiro. Todo o recaudado foi destinado a Cruz Vermella. Agradecer a todos a vosa colaboración.

martes, 17 de decembro de 2019

COMO AXUDO A ANTÓN?

O colectivo Biosbardos visitou o CEIP de Olveira co  contacontos “Como axudo a Antón?”, conto pedagóxico sobre o acoso escolar Moitas gracias!